Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Ciencia de Superficies
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A3 A7 B2 B7 C1 C2 A avaliación inclúe: planificación experimental, aspectos operacionais, comprensión das estratexias e metodoloxías empregadas na execución dos proxectos, rigor e reproducibilidade na obtención de resultados experimentais, análise crítico dos resultados, capacidade para extraer regularidades, xeneralizar e chegar a conclusións a partir da discusión dos resultados obtidos. 15
Seminario A1 A2 A7 B1 B6 B7 A avaliación inclúe: aspectos operacionais, comprensión das estratexias e metodoloxías empregadas para resolver os casos, análise crítico dos resultados obtidos. 20
Proba mixta A1 A2 B1 B2 B7 C1 Exame final con dúas partes, unha de corte teórico (50%) que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e/ou de ensaio, e outra de solución de casos ou problemas (50%), na que se avaliará a habilidade na aplicación dos contidos teóricos para a resolución de problemas. 50
Discusión dirixida A3 B2 B5 B7 C1 C2 C8 A avaliación baséase na capacidade para aplicar os distintos conceptos discutidos ao longo da materia na análise dos casos plantexados. 15
 
Observacións avaliación

Trátase de avaliar a adquisición de coñecementos, a capacidade
crítica, de síntese, de comparación, de elaboración, de aplicación e de
orixinalidade do alumnado. Para un aproveitamento idóneo da materia, o
alumnado debe asistir a todas as actividades presenciais.

A realización das prácticas é un criterio básico para a superación da asignatura. Sen realizar as prácticas, non se poderá superar a asignatura, independentemente do peso destas na avaliación.

* Primera oportunidade.
Para que se teñan en conta as actividades de seminarios e discusión dirixida é preciso obter unha cualificación mínima de 4.0/10 en
cada unha das dúas partes da proba mixta. A cualificación final obtense
aplicando as porcentaxes establecidas e as restricións previamente
fixadas.

* Segunda oportunidade. Poderanse repetir as partes non superadas da proba mixta, e entregar por escrito a actividade pendente que se estableza como equivalente á discusión dirixida. Considéranse irrepetibles as actividades
relativas ao traballo desenvolvido nas prácticas. A cualificación
final obtense aplicando as porcentaxes establecidas e as restricións
previamente fixadas.

En calqueira de ambas oportunidades, de no
acadarse unha cualificación mínima de 4.0/10 en cada unha das partes da
proba mixta, a asignatura figurará como suspensa ainda que a
cualificación final, calculada segundo as porcentaxes correspondientes,
sexa igual ou superior a 5/10. Nese caso, a cualificación final será
4.5/10.

Matrículas de honra: no caso de que houbese varios
estudantes con idéntica cualificación que poidan optar á MH, e o número
de MH dispoñibles sexa inferior ao de estudantes, se lles convocará a
unha proba escrita. Os estudantes avaliados na segunda oportunidade só
poderán optar a MH se o número destas non foi cuberto na súa totalidade
na primeira oportunidade.

Cualificación de "non presentado": aplícase a estudantes que participaran en actividades avaliables que representen menos (<) do 40% da cualificación final.

Sucesivos cursos académicos.
O proceso de ensino-aprendizaxe, incluida a avaliación, refírese a un
curso académico e, polo tanto, volta a comenzar de cero con cada novo
curso.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá realizar a proba mixta, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias.

Plaxio e fraude na realización de tarefas ou probas. Será de aplicación o recollido na normativa da Universidade da Coruña.

Emprego desta asignatura como complemento de formación para estudos de doutoramento: a cualificación será "apto" ou "non


apto".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes