Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Bioquímica Molecular e Metabólica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os temas da materia serán impartidos polos profesores coa axuda de medios audiovisuais. A documentación pertinente poñerase a disposición dos alumnos no Campus Virtual.
Prácticas de laboratorio Realizaranse unha serie de actividades no laboratorio de prácticas, co fin de que os alumnos aprendan a manexar instrumental científico básico en Bioquímica e Bioloxía Molecular.
Prácticas a través de TIC Trátanse cuestións que requiren a consulta de bases de datos e o emprego de ferramentas bioinformáticas.
Solución de problemas Resolveranse en grupos máis reducidos de alumnos problemas prácticos/cuestións para afondar na aplicación prácticas dos conceptos explicados nas clases maxistrais.
Esquemas Realización dun mapa metabólico mediante esquemas das rotas metabólicas que ocorren na célula e que permita interrelacionar e conectar as distintas rotas.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, e que pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de asociación, explicativa, ou de cálculo e resolución de problemas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes