Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A7 A8 B7 B8 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
40
Traballos tutelados A4 A5 A7 A8 B3 B7 B8 B10 C3 C8 C9 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos:
a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Os estudantes elaborarán un traballo tutelado que deberán entregar e defender de forma oral.
25
Prácticas de laboratorio A4 A6 A7 A8 B3 B7 B8 B10 C3 C8 C9 Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Os estudantes deberán entregar un caderno de prácticas no que inclúan todas as actividades realizadas.
35
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia requírese ter polo menos un 4 (sobre 10) na proba mixta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes