Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Fundamentos de Biotecnoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A10 B3 B4 C7 C8 Avaliación na que se terá en conta o traballo durante as sesións interactivas en grupo e os materiais entregados (calidade dos traballos, capacidade de debate, uso dunha linguaxe científica correcta e información bibliográfica verificada). 30
Proba mixta A1 A3 A7 B3 B4 Avaliación dos coñecementos teóricos 50
Prácticas de laboratorio A3 A6 A7 A8 B3 B4 B6 B7 C3 C7 As prácticas de laboratorio considéranse unha actividade de asistencia OBLIGATORIA para superar a materia. Realizarase un cuestionario para avaliar os coñecementos adquiridos. 20
 
Observacións avaliación

A realización das prácticas é obrigatoria. Para aprobar a materia, a nota obtida en cada unha das partes avaliables (prácticas de laboratorio, análise de fontes documentais e proba mixta) deberá ser superior ao 45%.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con renuncia académica á exención de asistencia, o profesorado adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa nota. Para aqueles alumnos que non asistan ás clases expositivas, é moi recomendable facer uso das titorías para resolver dúbidas e orientarse na materia. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes