Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Nanotoxicoloxía
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Microbioloxía e Inmunoloxía/610G04024
Bioquímica Molecular e Metabólica/610G04023
Métodos Numéricos e Estatísticos/610G04013
Bioloxía Celular/610G04003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Nanotecnoloxía en Farmacia/610G04043
Nanotecnoloxía na Industria Alimentaria/610G04044
Nanotecnoloxía en Medicina/610G04037
Nanotecnoloxía en Medio Ambiente/610G04038

Materias que continúan o temario

Observacións

- Recoméndase ter coñecementos de informática a nivel usuario, para a utilización da plataforma Moodle e a preparación do portafolio e a súa presentación.

- Recoméndase ter coñecementos de inglés, para a consulta de materiais bibliográficos. 

- Tal e como se recolle nas competencias transversais do título (C4), fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións.Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais desta materia que se entreguen en papel: 

Non utilizarán plásticos. 

Utilizarán impresións a dobre cara. 

Utilizará papel reciclado. 

Evitará a realización de borradores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes