Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Nanociencia e Nanotecnoloxía Computacional
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario • Permiten o/a profesor/a coñecer o grao e os erros de aprendizaxe, as carencias e limitacións no uso das ferramentas de traballo.
• Plantearanse casos prácticos e/ou resolveranse dúbidas.
• Realizaranse prácticas TIC
• Poderán realizarse probas tipo test.
• As actividades que se realicen poderán ser en grupo e/ou individuais.
• Implica a participación activa d@s estudantes.
Proba de resposta múltiple O longo do curso realizaranse unha serie de probas para avaliar a aprendizaxe dos conceptos, destrezas, competencias e habilidades asociados á asignatura. Esta actividade pode implicar o emprego de plataformas como o Campus Virtual, ferramentas a dispor no paquete Office365 e/ou aplicacións dispoñibles en Internet.
Estudo de casos • Trátase dunha estratexia de aprendizaxe activo.
• A partires da presentación dun caso, @s estudantes deberán elaborar unha ou varias hipóteses, aplicar a(s) correspondente(s) teoría(s), describir e rexistar os feitos do caso, realizar cálculos, comprobar e/ou comparar, no seu caso, con casos similares.
Glosario • Emprégase como estratexia de aprendizaxe activo.
• @ estudante deberá seleccionar, estruturar e secuenciar o contido da asignatura.
Portafolios do alumno • Permite recoller evidencias do aprendido resultado de diferentes actividades realizadas polo/a estudante.
• Búscase que @ estudante participe de xeito activo implicándose no seu propio proceso de aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio • Implican tanto o uso do superordenador do Centro de Computación de Galicia (CESGA) como de aplicacións a dispor no aula de informática e/ou en Internet.
• Realizaranse no aula de informática nos días e horas que establece o correspondente calendario, en grupos preferentemente de non mais de 10 estudantes.
• O remate das mesmas, e nas datas establecidas, deberá entregarse o correspondente informe co contido, formato e medio que se indique.
Proba práctica Proba final implicando a resolución de problemas e/ou análise crítico de material obtido en cálculos relacionados cos contidos da asignatura. Trátase de que @s estudantes evidencien o seu aproveitamento, de forma práctica, da asignatura.
Presentación oral Exposición oral dun traballo preparado en grupo sobre as prácticas de laboratorio, proposto pol@ profesor/a. Na actividade se inclúe un debate posterior sobre o tema obxecto da presentación.
Sesión maxistral • Duración de aproximadamente cincuenta minutos e impartiranse no horario aprobado pola Xunta de Facultade.
• As sesións serán do tipo lección maxistral nas que o/a profesor/a presentará os temas da asignatura co apoio, de selo caso, dos medios audiovisuales necesarios, indicando @s alumn@s o máis importante a ter en conta á hora do estudio e recomendándolles capítulos de libros, e/ou outros materiais, adecuados para a súa maior comprensión.
• Incentivarase a participación d@ estudante nas clases, o que pode incluir a realización de tests.
• O/a profesor/a facilitará o acceso d@s estudantes o material audiovisual utilizado nas sesións, así como outro tipo de material complementario, para que lles sirva na súa aprendizaxe. O acceso os devanditos materiais será ben a través do Campus Virtual da Universidade ou de aplicacións similares.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes