Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Máquinas Moleculares
   Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Prácticas de laboratorio
Proba mixta
Descrición
A metodoloxía de ensino proposta está baseada no traballo do estudante, quen se convirte no principal responsable do seu proceso educativo. Para que este obteña o mellor rendemento do seu esforzo, e co fin de guiar ao estudante neste proceso e determinar ata que punto o estudante está a alcanzar os obxectivos propostos en cada unidade temática, realizaranse sesións de solución de problemas e casos prácticos. Estes permitirán orientar ao alumnado e conseguir que este acade as competencias asociadas á materia. Asemade, reforzarase esta orientación a través de entrevistas individuais que se celebrarán nas horas de titoría do profesor e/ou nos horarios máis convenientes para o alumnado. Obviamente, e a parte destas titorías propostas polo profesor, o alumnado poderá acudir a titorías a petición propia cantas veces desexe e nos horarios que lle resulten máis convenientes.
Cabe resaltar que durante as sesións maxistrais fomentarase a participación en roldas de debate relacionadas cos contidos tratados en cada unidade.
As horas de atención personalizada servirán para a aclaración dos conceptos fundamentais da materia, así como para a resolución de cuestións individuais expostas nos seminarios, nas sesións maxistrais e nas prácticas.
Aquel alumnado que se acolla ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporá de atención específica que se concretará nos seguintes aspectos:
- Este alumnado disporá, a petición propia e en horario a convir, de axuda titorial para a preparación dos contidos que se traballarán nas clases prácticas de laboratorio, así como dos seminarios.
- Igualmente, e cando así o solicite, este alumnado recibirá axuda titorial complementaria para orientación e resolución de dúbidas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes