Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Máquinas Moleculares
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A5 A7 B1 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C3 C7 C8 C9 Actividade formativa de carácter eminentemente práctico deseñada co obxectivo de incidir naqueles aspectos da materia de máis difícil comprensión. Esta actividade será avaliada mediante a participación activa do alumnado 30
Prácticas de laboratorio A4 A5 A7 B1 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C3 C7 C8 C9 Durante a realización das prácticas de laboratorio, levarase a cabo unha avaliación contínua do traballo do alumnado, o grao de comprensión das prácticas, a actitude e a racionalización dos experimentos. Igualmente, avaliaranse tanto o contido, como o formato do Caderno de Laboratorio 40
Proba mixta B1 B4 B7 B8 C2 A proba mixta realizarase no calendario acordado pola Xunta de Facultade de cada centro. O seu obxectivo é o de obter unha avaliación do nivel de coñecementos e competencias acadados polo alumno, así como o de avaliar a capacidade deste para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia 30
 
Observacións avaliación

- Para superar a materia será preciso acadar, sumadas as cualificacións
de todas as actividades de evaluación continuada (Seminarios e Prácticas de laboratorio), un mínimo de 5 puntos (sobre 10) e obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na
cualificación da Proba mixta. No caso de que o alumnado non conseguise a
puntuación mínima nalgunha delas, se a suma do conxunto de todas as
actividades avaliables é superior ou igual a 5 puntos, a materia
figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos).

- No caso de non superar a materia na primeira oportunidade:

1) A cualificación dos Seminarios e das Prácticas de Laboratorio conservaranse na segunda oportunidade de xullo, sempre que sumen un mínimo de 5 puntos (sobre 10).

2) A cualificación da Proba mixta da
segunda oportunidade de xullo substituirá a obtida na proba mixta da
primeira oportunidade, sendo de novo necesario acadar un mínimo de 5
puntos (sobre 10) na puntuación da Proba mixta para poder superar a
materia.

- Para obter a cualificación de non presentado, o
alumnado non poderá ter participado en máis dun 25% das Prácticas de
laboratorio e dos Seminarios, nin realizar a Proba mixta.

- De
acordo coa normativa académica, o alumnado que sexa avaliado na "segunda
oportunidade", só poderá optar a matrícula de honra se o número máximo
destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira
oportunidade".

- Para aquel
alumnado que se acolla ao "recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia"
tratarase de adaptar os horarios á súa dispoñibilidade na medida do
posible. A cualificación final para este alumnado, tanto para a primeira
como para a segunda oportunidade, seguirá o esquema de avaliación
anteriormente descrito.

- No caso de circunstancias moi
excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor
Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do
alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumnado
que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico
que non deixe lugar a dúbidas sobre a consecución das competencias
propias da materia.

Implicacións do plaxio na cualificación:

A realización fraudulenta de algún exercicio ou proba do alumno para a
evaluación da materia estará suxeta a responsabilidades disciplinarias,
conforme se recolle nas Normas de Evaluación, Revisión e Reclamación das
Cualificacións de Grao e Mestrado Universitario (Artigo 11) e no
Estatuto do Estudiantado da UDC (Artigo 35, punto 3): "Calificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa a falta: o estudiante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, se procederá a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade se fose
necesario".

Convocatoria
adiantada de decembro:

A ponderación na avaliación das diferentes actividades
docentes do alumnado que participe na convocatoria adiantada de decembro será
adaptada ás novas porcentaxes de avaliación recollidas na presente guía, no
caso de que estas difiran entre si en ámbolos dous cursos académicos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes