Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Nanotecnoloxía en Medio Ambiente
   Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Calidade Ambiental. Nanotecnoloxía na prevención e tratamento da contaminación ambiental. Aspectos éticos e legais. Calidade ambiental e importancia da nanotecnoloxía na súa avaliación, na protección do medio ambiente e no tratamento de medios contaminados. Regulamentación para a aplicación de nanomateriales. Nanosensores con aplicación ambiental. Introdución aos métodos de remediación integrada.
TEMA 2. Nanotecnoloxía para prevención da contaminación e tratamento de solos. Criterios de calidade do solo. Nanotecnoloxías e nanomateriales para o control e descontaminación do solo de contaminantes orgánicos e inorgánicos. Nanosensores para detección e avaliación de contaminantes. Métodos integrativos para a remediación de solos contaminados.
TEMA 3. Nanotecnoloxía na agricultura. Aplicacións da Nanotecnoloxía no ámbito da agricultura. Lexislación propia do sector agrícola.
TEMA 4. Nanotecnoloxía para prevención da contaminación e tratamento de augas. Criterios de calidade da auga. Nanotecnoloxías e nanomateriales para o control, purificación e eliminación de contaminantes da auga. Nanosensores no control da calidade da auga.
TEMA 5. Nanotecnoloxía para prevención da contaminación e tratamento do aire. Criterios de calidade do aire ambiente e interior e emisións atmosféricas. Nanotecnoloxías e nanomateriales para o control e redución da contaminación do aire. Nanosensores para a avaliación da calidade do aire.
TEMA 6. Nanopartículas: ciclo de vida e impacto ambiental. Fuentes e destino de nanopartículas no medio ambiente. Ciclo de vida das nanopartículas. Potenciais efectos e análises de impacto ambiental das nanopartículas no medio ambiente. Avaliación do risco.
TEMA 7. Nanomateriales para a eficiencia ecolóxica e enerxética. Aplicacións da Nanotecnoloxía na mellora da eficiencia ecolóxica. Conceptos de eficiencia enerxética. Aplicacións da Nanotecnoloxía para a mellora da eficiencia enerxética.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes