Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Nanotecnoloxía en Medio Ambiente
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Nos seminarios impartiranse os contidos do tema de Nanotecnoloxía en Agricultura. Neles farase unha revisión das potenciais aplicacións da Nanotecnoloxía no sector agrícola, e o alumnado desenvolverá casos prácticos ad hoc, que requirirán o coñecemento e aplicación non só da tecnoloxía, senón tamén da lexislación propia do sector agrícola.
Prácticas de laboratorio No laboratorio levará a cabo a resolución de casos prácticos que incluirán unha serie de actividades individuais ou en grupos reducidos para que o/a estudante aprenda a manexar diversas técnicas utilizadas na nanotecnoloxía ambiental. Realizarase unha monitorización en continuo de nanopartículas no aire ambiente nas instalacións do Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA). O alumnado deberá elaborar unha memoria cunha análise crítica e detallada do traballo realizado. Contémplase a visita a unha empresa do sector de tratamento da auga.
Proba mixta Proba escrita para avaliar os resultados da aprendizaxe por parte do alumnado. Inclúe preguntas de opción múltiple, de asociación, explicación e resolución de problemas.
Sesión maxistral Impartiranse os contidos teóricos fundamentais de cada un dos temas empregando medios audiovisuais e/o informáticos. Fomentarase o diálogo e a participación para a correcta comprensión da materia con exemplos prácticos e estudo de casos. Para o seu mellor aproveitamento, o alumnado dispoñerá no Campus Virtual dos materiais docentes de cada tema.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes