Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Nanotecnoloxía en Medio Ambiente
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 2/610G04030
Técnicas de Caracterización de Nanomateriais 1/610G04025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Nanotoxicoloxía/610G04032

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase levar ao día a materia, realizar a preparación dos seminarios e as prácticas de laboratorio de forma exhaustiva e aproveitalas para aclarar dúbidas, conceptos, completando a formación teórica necesaria. Ter coñecementos de inglés e das ferramentas básicas das TIC.

Programa Green Campus Facultade de Ciencias: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a) solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático; b) de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado, cando sexa posible, e evitarase a impresión de borradores.

Perspectiva de xénero: tal e como se recolle nas competencias transversais do título (C4), fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, destacando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respeto e igualdade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes