Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Nanofabricación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións previas ás prácticas de laboratorio. Serven para introducir os fundamentos das técnicas de nanofabricación e funcionalización. Os temas da materia serán impartidos polos profesores coa axuda de medios audiovisuais. A documentación pertinente estará dispoñible para os alumnos no Campus Virtual.
Prácticas de laboratorio Simulación de procesos de nanofabricación con axuda de software especializado. Traballo de laboratorio sobre técnicas de fabricación, funcionalización de substratos e caracterización, que complementa os coñecementos impartidos na sesión maxistral. Estas actividades son realizadas baixo a tutela e supervisión do profesorado.
Saídas de campo Saída a un centro de nanofabricación con ambiente controlado ou sala branca. *No caso de non ser posible, realizaranse prácticas de laboratorio complementarias ás horas computadas pola Saída de Campo.
Resumo Posterior ao traballo de laboratorio. Caderno de laboratorio, informe de cada unha das prácticas. Entregarase de forma individual ao rematar as prácticas, e serán corrixidos e avaliados.
Traballos tutelados Actividade final que reflicta o dominio teórico e metodolóxico da materia.
Proba mixta Proba mixta utilizada para a avaliación do aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes