Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Cristalografía Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A7 B4 B6 B8 B9 B10 C3 Cualificaranse tanto as respostas do alumnado como a súa participación individual ou en grupo nas actividades presenciais correspondentes. Ocasionalmente, e a solicitude do profesor, o alumnado debe presentar boletíns de problemas que tamén poden ser avaliados. 15
Prácticas de laboratorio A3 A6 A8 B4 B7 B9 B10 C3 C9 Avaliaranse os seguintes aspectos do traballo no laboratorio:
- Organización do traballo e seguridade.
- Actitude, curiosidade científica e grao de implicación no traballo.
- Calidade na interpretación dos resultados.
- Calidade do informe final (caderno de laboratorio).
30
Proba mixta A3 A6 B3 B7 Consistirá nunha proba sobre contidos teóricos. Constará tanto de preguntas de desenvolvemento como de preguntas tipo test e problemas que serán similares aos presentados ao longo do curso. A cualificación mínima requirida para superar esta proba é de 5 puntos sobre 10. 55
 
Observacións avaliación

A materia estará dividida en tres partes: unha centrada no estudo da simetría espacial e os grupos de simetría espaciais, outra abordará as propiedades físicas e ópticas dos cristais, e a terceira achega do estudo de cristais por difracción de raios-X. Cada unha destas partes terá asignada na cualificación final un terzo da porcentaxe de cada actividade mencionada. 

Para superar a materia é requisito imprescindible obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre un máximo de 10 no cómputo total. En caso da ‘Proba mixta’, a cualificación mínima será de 5 sobre 10, e nos casos de ‘Prácticas de laboratorio’ e ‘Taller’, será de 4,6 sobre 10. Estes baremos mantéñense para cada unha das tres partes nas que se divide a materia. En caso contrario, a materia non será superada. No caso de que a cualificación media entre todas as actividades sexa maior que 5, pero non se superou algunha das actividades avaliables coas notas previamente indicadas, a nota que aparecerá na acta será de 4. Unha vez superadas todas as actividades, a nota final calcularase da seguinte forma: a ‘Proba mixta’ supoñerá un 55% da nota final, as ‘Prácticas de laboratorio’ supoñerán o 30% da cualificación final, e a resolución de problemas de ‘Taller’ contribuirá co 15% restante. A asistencia a clases de taller e prácticas de laboratorio, e a entrega de problemas son obrigatorias para ser avaliados. A ausencia non xustificada a unha das sesións de laboratorio, ou a unha actividade de grupo reducido supoñerá a descualificación da materia. O alumno será declarado NON PRESENTADO soamente se non asiste a ningunha das actividades cuxa avaliación supón máis do 10% da cualificación final. 

As Matrículas de Honra serán outorgadas soamente aos estudantes que fosen avaliados durante o curso e superasen a correspondente avaliación en calquera das dúas oportunidades, ata alcanzar o máximo de Matrículas de Honra posible segundo a normativa da institución.

Nas convocatorias de xuño (primeira oportunidade) e xullo (segunda oportunidade) avaliarase do mesmo xeito (porcentaxes). Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial non terán a obrigación de asistir ás clases teóricas nin ás actividades en grupos reducidos, aínda que a súa asistencia a prácticas si será obrigatoria. A porcentaxe da cualificación correspondente ás actividades de grupo reducido será asimilado á cualificación da proba mixta tanto na primeira como na segunda oportunidade. 

Durante a realización da proba, en calquera de ambas as oportunidades, agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de calquera dispositivo con acceso a Internet. Se durante a realización da proba práctica, houbese indicio do uso non autorizado deses dispositivos, el/a estudante será expulsado da aula, e procederase segundo a Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

Na convocatoria extraordinaria de decembro, aplicaranse os criterios de avaliación da guía docente do curso 2022-23.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes