Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Nanotecnoloxía en Farmacia
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Nanotecnoloxía farmacéutica. Introdución á Biofarmacia e relación coa Tecnoloxía farmacéutica e Farmacocinética.
Tema 2: Aspectos básicos en Biofarmacia. -Formas farmacéuticas de liberación convencional e modificada.
-Perfil absorción, distribución e eliminación de fármacos (ADME).
-Vías de administración de nanosistemas terapéuticos.
Tema 3: Nanosistemas de transporte de fármacos: tipos, métodos de preparación e caracterización. -Lípidos, micelas, polímeros, partículas inorgánicas, materiais de carbono, etc.
-Métodos de preparación, funcionalización, caracterización e encapsulación de fármacos.
Tema 4: Mecanismos de internalización, tráfico intracelular e estratexias de escape endosomal de nanosistemas. -Tipos de endocitose de nanosistemas.
-Efecto da formación da coroa proteica en nanosistemas.
-Tráfico intracelular e barreiras para a liberación efectiva.
-Estratexias de escape endosomal.
Tema 5: Vectorización de nanosistemas: Estratexias pasivas e activas de orientación selectiva. -Estratexias de vectorización pasiva: Efecto de permeabilidade e retención incrementada (efecto EPR). Nanopartículas de circulación estendida.
-Estratexias de vectorización activa: Transporte mediado por interaccións ligando-receptor. Nanoplataformas sensibles a estímulos.
Tema 6 : Nanosistemas de transporte de proteínas e xenes. -Sistemas de expresión e purificación de proteínas na industria farmacéutica.
-Estratexias de formulación para cargos proteicos.
-Vectores de terapia xénica viral e non viral; Nanovacunas, terapia CAR-T.
Tema 7: Aspectos éticos e legais de nanosistemas. Principais consideracións de bioseguridade dos nanosistemas terapéuticos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes