Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Nanotecnoloxía na Industria Alimentaria
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Descrición
As clases de prácticas de laboratorio están deseñadas como actividades en grupos reducidos nas que o alumnado participará directamente. Desta maneira, bríndase unha atención personalizada aos estudantes, permitindo un mellor seguimento e orientación.
Para todos os estudantes haberá titorías personalizadas enfocadas na adquisición de coñecementos básicos, a realización de problemas, o estudo de casos prácticos, a resolución de dúbidas e aclaracións. O horario de titorías especificarase ao comezo do curso. Os estudantes tamén poderán solicitar titorías e realizar consultas por correo electrónico.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes