Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Prácticas Externas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 A4 A6 A8 A9 A10 B2 B5 B9 B10 B11 B12 C3 C9 Para acadar recoñecemento académico, sempre que a estadía desenvolvida cumpra as condicións especificadas na normativa, o alumno deberá remitir ao Decanato do Centro un relatorio detallado dos traballos e actividades realizadas. Tal relatorio será elaborado dacordo cun modelo (ANEXO VII).
O titor académico revisará o informe emitido polo alumno, facendo as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións o alumno revisará o documento e entregarao na Administración da Facultade de Ciencias xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.
50
Resumo A2 A3 A9 A10 B2 B3 B4 B12 C1 C2 O titor nomeado pola empresa ou institución, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, elaborará un informe final, dirixido ao Decanato do Centro (ANEXO IV), no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante. 50
 
Observacións avaliación

Valorarase no seu conxunto, o labor realizado durante as prácticas e a memoria realizada sobre as mesmas.

Recoméndase ao alumnado consultar a rúbrica de avaliación publicada na web do Centro.

Unicamente aqueles estudantes que completen o período de traballo na empresa/institución (traballos tutelados) e que entreguen a memoria resumo das tarefas para a súa avaliación poderán obter unha cualificación superior a 4,5 (sobre 10). Os estudantes que non completen o período de traballo na empresa/institución recibirán unha cualificación proporcional ás horas traballadas, inferior sempre a 4,5 (sobre 10). No caso de non poder rematar o período de traballo por causas de forza maior, o estudante poderá alegar perante o/a decano/a do centro, que podera suspender o efecto desta norma de avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes