Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
 Asignaturas
  Práctica Procesual Penal
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. A quenda de oficio e a asistencia xurídica gratuíta. Obxectivos: Coñecer os principios da normativa xeral que regulan o contido do dereito de asistencia xurídica gratuíta. coñecer os servizos correspondentes á quenda de oficio, asistencia letrada ao detido e orientación xurídica. Habilidades: Informar ao usuario da quenda de oficio sobre a distinción entre xustiza gratuíta e quenda de oficio. Cubrir a documentación necesaria para a tramitación do expediente. Asesorar ao detido dos seus dereitos en relación coa xustiza gratuíta e a designación do letrado da quenda de oficio. Actitudes: Asumir a función social da avogacía. Comprender a necesidade de atender e defender os dereitos e intereses do usuario da quenda co mesmo interese que o resto dos asuntos. AM1
AM5
AM7
AM10
BM7
BM8
BM9
BM10
BM12
2. Intervención do letrado nas actuacións diante dos corpos e forzas de seguridade. Obxectivos: coñecer os dereitos e obrigas do avogado na súa intervención na asistencia ao detido. Coñecer o sentido e alcance do proceso de habeas corpus. Distinguir as medidas cautelares e o seu alcance. Coñecer os supostos de aplicación da prisión provisional e os trámites para acordala. Coñecer os supostos de aplicación da prisión provisional e os trámites para acordala. Coñecer as especialidades no procedemento para o axuizamento de determinados delitos - xuízos rápidos. Habilidades: Actuar con dilixencia na asistencia letrada ao detido, garantindo o respecto dos seus dereitos. procurar que as dilixencias practicadas coa detención se realicen respectando a legalidade e reflectindo os feitos ou circunstancias de interese para a defensa. Manexar adecuadamente as medidas cautelares do procso penal e solicitar de xeito adecuado a súa adopción, levantamento ou modificación. Aplicar as especialidades para o axuizamento rápido de determinados delitos. Apreciar as especialidades dos recursos no procedemento dos "xuízos rápidos". Actitudes: Comprender o alcance ed relevancia da asistencia letrada ao detido. Facilitar ao cliente a máxima información sobre os feitos que se lle imputan e a súa situación. Valorar a necesidade de formular "habeas corpus". Formular solicitude ou oposición á adopción de medidas cautelares. Valorar en que supostos resulta de interese para o cliente a celebración de xuízos rápidos. Valorar cando debe recomendarse ao cliente a conformidade no xulgado de garda. AM2
AM3
BM2
BM3
BM5
3. Inicio da vía penal. Obxectivos: Coñecer as distintas formas de iniciación das actuacións penais. Coñecer os cauces e conveniencia dos xeitos de iniciación. coñecer as cuestións prexudiciais que se podan plantear. Habilidades: Distinguir entre denuncia e querela. Saber elaborar escritos de denuncia e querela. Manexar as distintas posicións do avogado no proceso penal. Actitudes: Determinar cáles son os feitos relevantes para o cliente no procedemento. Valorar a necesidade de reserva de accións civís. Determinar cales son as dilixencias de investigación necesarias. AM3
AM4
AM5
AM7
AM10
4. Instrución penal. Obxectivos: Identificar os medios de investigación no proceso penal. Coñecer os límites da investigación tendo en conta o respeto aos dereitos fundamentais do individuo. Coñecer os trámites do procedemento. Coñecer as distintas posturas procesuais das partes no procedemento e a súa actuación na práctica. Coñecer cando procede a práctica de dilixencias de investigación. Coñecer as especialidades do proceso de instrución. Coñecer os recursos que caben contra as actuacións do xuíz instrutor. Coñecer o xeito e o momento de proposición da proba. Habilidades: manexar axeitadamente as medidas cautelares sabendo solicitar e opoñerse a cada unha delas. Propoñer correctamente os recursos contra as resolucións dos xuíces de instrución. Solicitar correctamente a práctica dos medios de investigación. Saber interesar a transformación do procedemento no seu caso. Saber elaborar escritos de acusación e defensa. Saber calcular as penas. Valorar a proba necesaria e propoñer, no seu caso, a práctica anticipada. Saber propoñer cuestións de previo pronunciamento. Actitudes: Valorar a transcendencia das dlixencias de investigación para o interese do cliente. Valorar a concorrencia dos requisitos de legalidade e validez nos medios de investigación practicados. Saber interesar a transformación do procedemento ou o seu sobresemento ou arquivo. Valorar a conveniencia de recorrer as resolucións do instrutor. Valorar se os feitos e circunstancias da investigación resultan determinantes para establecer a existencia dun feito delicitivo, o grao de participación e as circunstancias concorrentes. informar ao clietne sobre as vantaxes e inconvenientes de comparecer en xuízo ou intentar a conformidade. AM2
AM3
AM7
AM10
AM13
BM4
5. Distinción do procedemento a seguir en función do feito a axuizar a conformidade. Obxectivos: coñecer os trámites do xuízo de faltas nas súas diferentes instancias. Analizar as incidencias anteriores ao xuízo valorando a necesidade de negociar co Ministerio Fiscal para conseguir unha sentenza de conformidade. Coñecer os artigos de previo pronunciamento. Coñecer a especialidade das cuestións previas no procedemento abreviado. Coñecer os aspectos substantivos e procesuais do axuizamento rápido de determinados delitos. Coñecer os aspectos substantivos e procesuais do axuizamento rápido de determinados delitos. Coñecer as especialidades procesuais do xuízo diante do Tribunal do xurado e supostos nos que procede. Coñecer a forma de selección du xurado. Habilidades: Dominar os trámites do xuízo de faltas. Saber distinguir a forma e cauces de proba nos xuízos de faltas. Coñecer as especialidades dos recursos. Valorar a conveniencia de plantear unha conformidade. Saber plantear as cuestións de previo pronunicamiento. Distinguir os distintos trámites de informe no acto do xuízo diante do tribunal do xurado. Saber confeccionar un obxecto de veredicto. Actitudes: informar ao cliente acerca das vantaxes e inconvenientes da conformidade. Valorar en que supostos interesa ao cliente a celebración dun xuízo rápido. Dominar a técnica do xuízo de faltas. Valorar a eficacia e posibilidades do xuízo de faltas en accidentes de tráfico. Aplicar as técnicas de informe e interrogatorio no xuízo diante do Tribunal do Xurado. AM7
BM2
BM3
BM9
BM11
CM1
CM2
CM5
6. Desenvolvemento do xuízo oral. Obxectivos: Coñecer a técnica de interrogatorio do acusado, testemuñas e peritos. Saber propoñer modificación de conclusións en función do desenvolvemento do xuízo oral. Coñecer a técnica das conclusións nos distintos procesos. Habilidades: preparar a vista. Aplicar as técnicas de expresión oral argumentando con precisión, claridad y corrección xurídica. Aplicar as técnicas de interrogatorio. Saber formular peticións e protestas. Dominar a técnica do informe final. Actitudes: Ser amosar boa presenza e actitude no xuízo. Asumir outras vías de resolución distintas á absolución. Perder o medio a intervir e formular protesta no seu caso. Apreciar a necesidade do estudo previo do material probatorio e os criterios de valoración da proba. Velar pola correcta redacción da acta do xuízo. AM3
AM10
AM13
BM2
BM9
7. Recursos. Obxectivos: coñecer os distintos recursos. Coñecer os medios e formas de interposición diante dos distintos órganos xurisdicionais. Coñecer o sistema xurisdicional e institucional, nacional e internacional da protección dos dereitos fundamentais. Habilidade: Saber redactar os distintos recursos, distinguindo os motivos duns e outros. Saber como e cando pode solicitarse proba en segunda instancia. Actitudes: Valorar a conveniencia de interposición do recurso para os intereses do cliente. Preparar de forma responsable os recursos que procedan fronte ás sentenzas. AM1
AM13
BM2
BM4
BM5
BM9
8. Execución de sentenza. Obxectivos: Coñecer as distintas peticións en execución de sentenza. Coñecer as alternativas á pena de prisión, substitución de penas e indulto. Coñecer os dereitos dos reclusos tanto no ámbito penitenciario e o control xurisdicional. Habilidades: Confeccionar as distintas peticións de execución de setnenza en relación coas alternatvias á pena de prisión, bustitución de penas e idulto. Saber utilizar os recursos normativos para eludir a pena privativa de liberdade. Elaborar os escritos e recursos que procedan en defensa dos dereitos dos executados. Actitudes: Valorar a oportunidade de solicitar alternativas á pena privativa de liberdade. Distinguir os xeitos de execución da sentenca penal e os beneficios legais. AM4
AM5
AM7
BM8
BM9
BM10
BM11
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes