Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
 Asignaturas
  Práctica Tributaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 B1 B2 B9 B10 B12 B13 C6 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 25
Traballos tutelados A1 A2 A13 A14 A15 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B11 B13 C1 C2 C5 C7 Metodoloxía onde o suxeito deberá profundizar no estudo dunha materia o cuestión específica dentro dos contidos da asignatura mediante a realización de un traballo de investigación baixo a tutela dun profesor que orientará ao alumno sobre as principais liñas a seguir, resolvendo todas aquelas dúbidas que durante a realización do mesmo puidesen plantexarse. Esta metodoloxía implica, por unha parte, un elevado grado de autonomía do alumno que deberá definir a estructura do traballo e xestionar os materiais a empregar (lexislación, xurisprudencia e doctrina); e, por outra, potencia a mellora das súas habilidades de interpretación, argumentación e redacción de textos xurídicos. 25
Proba obxectiva A13 B2 B4 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
50
 
Observacións avaliación
<p><span>Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. </span></p>
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes