Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Dereito Tributario e Novas Tecnoloxías
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A11 A12 A13 B1 B21 B22 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor en escenarios variados académicos e profesionais.
A puntuación correspondente a este apartado terá un peso mínimo na calificación final da asignatura dun 20%
20
Estudo de casos A11 A12 A13 B1 B21 B22 C3 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
A puntuación correspondente a este apartado terá un peso mínimo na calificación final da asignatura, do 20%
20
Proba oral B1 B21 B22 Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
No caso de que como consecuencia da pandemia do Covid-19, tiveran que suspenderse de novo as clases presenciais, a proba poderá consistir nun examen oral ou tipo test, dependendo das circunstancias, realizado polos medios telemáticos oportunos.
A puntuación correspondente a este apartado terá un peso mínimo na calificación final da asignatura dun 60%
60
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes