Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Metodoloxía da Investigación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (no ámbito xurídico principalmente artigos e textos lexislativos e xurisprudenciais) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas
dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor
e en escenarios académicos e profesionais variados.
Pretende favorecer a dimensión práctica (saber facer) e a asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Proba mixta Modalidade destinada a avaliar a adquisición de coñecementos e a súa aplicación, combinando diversas modalidades de pregunta (preguntas abertas, de desenvolvemento, resposta múltiple; casos)
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.), co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia.
Proporciona coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes