Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial (plan 2012)
 Asignaturas
   Contratación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Antes do comezo da explicación da materia facilitaráselle aos alumnos un dossier de lecturas xurídicas que é preciso efectuar para asistir e/ou desenvolver co debido aproveitamento as demáis actividades académicas.
Sesión maxistral En relación cos contidos que integran a materia, un destacado especialista disertará, de xeito práctico e con debate e intercambio de opinións cos alumnos, sobre os aspectos que considere máis salientables ou de actualidade.
Estudo de casos Esta metodoloxía consiste, por unha parte, na exposición dirixida dun caso (ou conxunto de casos) representativo do estado da cuestión nun dos eidos analizados da contratación empresarial. Por outra banda, poderá en alguns supostos complementarse as sesións encomendando aos alumnos a resolución, en horas non presenciais, de asuntos similares ou relacionados cos tratados na sesión presencial.
Solución de problemas Englóbanse aquí distintas actividades destinadas a conseguir que os alumnos adquiran as competencias previstas na guía, tales como a redacción de contratos, a elaboración de informes ou dictames xurídicos ou, en fin, a redacción de demandas ou recursos xudiciais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes