Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (plan 2012)
 Competencias do título


TipoA Código  
  Investigador
  AI1 CE 1 Resolución de problemas derivados da unión económica e monetaria
  AI2 CE 2 Claves da libre circulación de persoas, servizos y capitais
  AI3 CE 3 Coñecemento dos distintos estatutos xurídicos persoais fundados na nacionalidade
  AI4 CE4 Resolución de problemas derivados dos usos e aproveitamentos dos mares e dos recursos pesqueiros.
  AI5 CE5 Coñecemento dos ámbitos materiais nos que existe unha primacía do Dereito da Unión Europea: consumo; Dereito industrial; Dereito da competencia; Dereito de sociedades; Dereito das telecomunicacións; espazo de liberdade, seguridade e xustiza.
  AI6 CE 6 Coñecemento dos sistemas de recursos e procedementos xudiciais comunitarios
  AI7 CE 7 Manexo solvente dos sistemas de captación e xestión de recursos comunitarios
  AI8 CE 8 Coñecemento das políticas de xénero da Unión Europea
  AI9 CE 9 Capacidade para ponderar o valor atribuído ao recoñecemento dos dereitos sociais no ámbito do proceso de integración supranacional.
  AI10 CE 10 Coñecemento dos dereitos e deberes das rexións no marco comunitario, así como o carácter evolutivo do proxecto comunitario
  AI11 CE 11 Coñecemento das vías de participación, nacionais e comunitarias, dos entes subestatais en asuntos comunitarios, con especial atención ao modelo autonómico español
  AI12 CE 12 Coñecer a regulación da liberdade de pensamento, conciencia e relixión no ámbito comunitario, así como la xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) nestes ámbitos.
TipoB Código  
  Investigador
  BI1 CG1 Coñecemento das institucións da Unión Europea e das vías de acceso ante elas dos ciudadáns e das persoas xurídicas
  BI2 CG2 Coñecemento das áreas xeográficas e dos aspectos materiais nos que se desenvolve a acción exterior da Unión Europea
  BI3 CG3 Manexo solvente da información sobre a UE e dos portais xurídicos e de información da Unión Europea
  BI4 CG4 Comprensión do pasado xurídico común europeo
  BI5 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser originais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BI6 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplas (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  BI7 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  BI8 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as suas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades
  BI9 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
TipoC Código  
  Investigador
  CI1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CI2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CI3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CI4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CI5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CI6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CI7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CI8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes