Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (plan 2012)
 Asignaturas
  Cultura xurídica europea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A3 B1 B2 B4 C4 C7 Valoraranse as intervencións de interese realizadas polos alumnos dentro das sesións maxistrais que corran a cargo do profesor. 20
Presentación oral B3 B5 C1 Avaliarase a expresión oral (forma) e o contido adecuado (fondo) das presentacións orais que, de ser o caso, efectúen os alumnos. 10
Estudo de casos B3 B6 C1 C4 C6 Valoraranse as posibles prácticas realizadas polos alumnos sobre casos ou resolución de problemas expostos polo profesor. 10
Discusión dirixida B5 B6 C1 C4 C6 C8 Serán avaliables as intervencións levadas a cabo polos estudantes no marco de debates ou discusións sobre aspectos vinculados á materia. 10
Proba obxectiva B4 B5 B6 C1 C6 Realizarase un exame ao finalizar o primeiro cuadrimestre sobre os contidos formativos traballados durante ese período. 40
Traballos tutelados B4 B3 B5 B6 C1 C5 C6 Valorarase a calidade do traballo realizado polo alumno seguindo as pautas previamente fixadas polo profesor. 10
 
Observacións avaliación

Para superar o módulo será requisito necesario asistir, polo menos, ao 80 % da actividade docente presencial. A avaliación levará a cabo mediante a valoración da actividade presencial que realice o alumno (60%) e un exame que se realizará ao finalizar o cuadrimestre (40%). Dentro da idea dunha metodoloxía de créditos ECTS, o alumno deberá ser consciente de que a avaliación será continua, polo que se valorará a súa participación activa en todas as actividades que se realicen na aula (debates, exposicións orais, discusión de casos, etc. )polo que cobra gran importancia o seu traballo persoal.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes