Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (plan 2012)
 Asignaturas
  Dereito do consumo
   Contidos
Temas Subtemas
I.- A POSICIÓN DO CONSUMIDOR E DO USUARIO NO DEREITO COMUNITARIO E NO ORDENAMENTO XURÍDICO ESPAÑOL. A POLÍTICA COMUNITARIA DE PROTECCIÓN DO CONSUMIDOR. I.- O CONSUMIDOR INDIVIDUAL.- II.- AS ASOCIACIÓNS DE CONSUMIDORES E USUARIOS: II.1.- A defensa dos dereitos e intereses propios dos consumidores como función primordial.-II.2.- Outras funcións das asociacións de consumidores e usuarios.- II.2.1.- Enunciado de funcións.- II.2.2.- A representación dos seus asociados: audiencia e participación na elaboración de disposicións xerais.- II.2.3.- Información e educación dos consumidores e usuarios.- III.- AS OFICINAS DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR.- III.1.- Concepto e natureza xurídica.- III.2.- Funcións típicas ou propias das OMIC.- III.3.- Outras funcións atribuídas ás OMIC.- IV.- A LEXISLACIÓN EN MATERIA DE DEREITO DE CONSUMO NO ESTADO «PLURILEXISLATIVO» ESPAÑOL.
II.- FORMAS DE RESOLUCIÓN DOS CONFLITOS DE CONSUMO. I.- IDEAS XERAIS: FUNDAMENTOS DE DEREITO COMUNITARIO E CONSTITUCIONAIS.- II.- PROCEDEMENTOS XUDICIAIS: II.1.- O consumidor individual. II.1.1.- Lexitimación activa do consumidor individual. II.1.1.A.- Regra xeral. II.1.1.B.- Lexitimación activa do consumidor individual para o exercicio dunha acción colectiva? II.2.- Pluralidade de consumidores afectados. Lexitimación activa para o exercicio de accións colectivas. II.2.1.- Regra xeral. II.2.2.- Os grupos de consumidores «afectados». II.2.3.- As asociacións de consumidores e usuarios. II.2.4.- Tutela dos «intereses difusos» dos consumidores e usuarios. II.2.5.- Entidades legalmente constituídas para a defensa e protección dos consumidores e usuarios. II.2.6.- Entidades habilitadas conforme á normativa comunitaria para o exercicio da acción de cesación. II.3.- Concorrencia de lexitimacións activas e de demandantes. II.4.- Intervención individual dun consumidor ou usuario nun proceso colectivo. II.5.- Lexitimación activa por substitución das asociacións de consumidores e usuarios. II.6.- O Ministerio Fiscal e a tutela dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios. II.7.- Outras entidades activamente lexitimadas para o exercicio de accións en defensa dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios. II.8.- Lexitimación pasiva. II.9.- Especialidades da reclamación fronte a unha Administración Pública. II.9.1.- Xurisdición competente. II.9.1.A.- No caso de que a reclamación se dirixa fronte á Administración Pública. II.9.1.B.- No caso de que exista un seguro de responsabilidade civil da Administración Pública. II.9.2.- Procedemento para a esixencia de responsabilidade civil a unha Administración Pública. II.9.2.A.- Iniciación. II.9.2.B.- Tramitación. II.9.3.- Os efectos xurídico-materiais da responsabilidade da Administración Pública. A forma da reparación. II.9.4.- Exercicio de accións colectivas fronte a unha Administración Pública. II.10.- Competencia xudicial territorial. II.11.- Problemas de Dereito transfronteirizo nos países da UE. II.11.1.- Dereito aplicable. II.11.1.A.- A armonización do Dereito de consumo no seo da UE. II.11.1.B.- O Convenio de Roma de 1980. II.11.1.C.- Obrigacións extracontractuais. II.11.2.- Xurisdición competente. II.11.2.A.- Consumidor e profesional con domicilio en Estados membros da UE. II.11.2.B- Profesional dun terceiro Estado. II.12.- Cuestións procesuais. II.12.1.- A opción lexislativa que representa a LECiv/2000. II.12.2.- As canles procesuais adecuadas para axuizar as reclamacións de consumo. II.12.2.A.- Procedemento adecuado en función do tipo de acción exercitada polo consumidor. II.12.2.B.- Acumulación da acción de cesación e accións de resarcimento. II.12.3.- Postulación procesual e asistencia de letrado. II.12.4.- As costas procesuais. II.12.5.- Dispensa de caución para a adopción de medidas cautelares no caso de accións de cesación. II.12.6.- A sentenza que pon fin ao procedemento colectivo. II.12.6.A.- Contido. II.12.6.B.- Eficacia. II.12.6.C.- A execución da sentenza. III.- MECANISMOS EXTRAXUDICIAIS DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS DE CONSUMO: III.1.- Principios que rexen a resolución extraxudicial de conflitos de consumo. III.2.- A mediación e a conciliación. III.3.- A arbitraxe de consumo. III.3.1.- Caracterización xeral. III.3.2.- Presupostos para o sometemento do consumidor á arbitraxe de consumo. III.3.3.- Os efectos da declaración de concurso na arbitraxe de consumo. III.3.4.- Principios básicos do funcionamento do sistema arbitral de consumo. III.3.5.- A limitación da defensa do profesional nos casos nos que exista oferta pública de sometemento a arbitraxe. III.3.6.- As arbitraxes sectoriais. III.4.- A arbitraxe ordinaria. III.5.- A arbitraxe «on-line» (ou virtual).
III.- PRÁCTICAS COMERCIAIS DESLEAIS E PUBLICIDADE. I.- A TUTELA DA TOMA DE DECISIÓN DO CONSUMIDOR. O NOVO ESCENARIO CREADO POLA LEI 29/2009, DE 30 DE DECEMBRO: I.1.- A Directiva 2005/29/CE, de prácticas comerciais desleais das empresas nas súas relacións con consumidores: claves. I.2.- A Lei 29/2009, de 30 de decembro, que modifica o réxime xeral da competencia desleal e da publicidade para a mellora da protección dos consumidores e usuarios. Incidencia da reforma no Dereito estatal e no Dereito autonómico. II.- RÉXIME XERAL DAS PRÁCTICAS COMERCIAIS DESLEAIS COS CONSUMIDORES: II.1.- Regulación e ámbito de aplicación. II.2.- A cláusula xeral e os seus elementos: a) Distorsión do comportamento económico. b) A noción do consumidor medio. II.3. Tipos de prácticas desleais: as prácticas comerciais enganosas e as prácticas comerciais agresivas: a) Conceptos legais e definicións: - Actos de engano e omisións enganosas. En especial, as prácticas enganosas por confusión. - Prácticas agresivas. b) A lista negra de prácticas desleais cos consumidores. II.4.- Outros supostos de publicidade ilícita (a reforma da LGP). III.- RÉXIME DE PUBLICIDADE ESPECIAL PARA DETERMINADOS BENS/SERVIZOS: III.1.- Alimentos. Especial referencia ao Regulamento Europeo sobre alegacións nutricionais e de saúde dos alimentos. III.2.- Tabaco e bebidas alcohólicas. III.3.- Publicidade de produtos farmacéuticos e centros sanitarios (publicidade de medicamentos e produtos con pretendida finalidade sanitaria). III.4.- Vivenda. III.5.- Produtos e servizos financeiros. III.6.- Viaxes combinadas e aproveitamento por quenda. III.7.- A publicidade televisiva. III.8.- Comunicacións comerciais por vía electrónica. IV.- ACCIÓNS E REMEDIOS FRONTE ÁS PRÁCTICAS DESLEAIS E OUTRAS FORMAS DE PUBLICIDADE ILÍCITA: IV.1.- Remedios da LCD: reformulación e uniformización das accións pola Lei 29/2009 (arts. 32 e ss. LCD). IV.2.- Remedios contractuais (a integración do contrato coa publicidade; accións de cumprimento contractual; de incumprimento; e de resolución do contrato: TRLGDCU). IV.3.- Infracción de consumo: arts. 47.3 e 49.1 TRLGDCU.
IV.- ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DE VENDAS E MODALIDADES DE VENDA. I.- ACTIVIDADES CON FINALIDADE DE PROMOCIÓN DE VENDAS: I.1.- Carácter das normas que regulan as «vendas promocionais». I.2.- A venda en rebaixas. I.3.- A venda de saldos. I.4.- A venda en liquidación. I.5.- A venda con obsequios. I.6.- A venda conxunta ou en lote. I.7.- A venda de promoción. II.-TÉCNICAS ESPECIAIS DE DISTRIBUCIÓN OU VENDA AO CONSUMIDOR DE BENS E SERVIZOS: II.1.- A venda multinivel. II.2.- A venda directa. II.3.- A contratación de bens e servizos celebrada fóra do establecemento mercantil. II.4.- A venda a distancia. II.5.- Os contratos electrónicos. II.6.- A venda automática. II.7.- A venda ambulante ou non sedentaria. II.8.- A venda en pública poxa: as poxas celebradas a través de internet. III.- MODALIDADES PROHIBIDAS DE VENDA: III.1.- A venda con perda. III.2.- A venda en pirámide.
V.- A ADQUISICIÓN DE BENS E PRODUTOS POLO
CONSUMIDOR.
I.- INTRODUCIÓN: BENS DE CONSUMO E PRODUTOS DEFECTUOSOS. ACLARACIÓNS TERMINOLÓXICAS. II.- A FIXACIÓN DO PREZO. III.- A INFORMACIÓN SOBRE OS PREZOS. IV. O PAGO DO PREZO. V.- A PROTECCIÓN DO CONSUMIDOR FRONTE Á ADQUISICIÓN DE BENS DEFECTUOSOS OU QUE NON SATISFAGAN AS SÚAS LEXÍTIMAS EXPECTATIVAS ECONÓMICAS. VI.- NORMAS E MECANISMOS QUE INCIDEN SOBRE A PRODUCIÓN E A PRESENTACIÓN AO PÚBLICO DE BENS QUE SATISFAGAN AS LEXÍTIMAS EXPECTATIVAS DO CONSUMIDOR. VII.- MEDIOS DE REACCIÓN XURÍDICA FRONTE A BENS QUE NON SE AXUSTAN Á LEI, AO CONTRATO OU ÁS EXPECTATIVAS DO CONSUMIDOR: A OBRIGACIÓN DE CONFORMIDADE. A GARANTÍA LEGAL. VIII.- AS GARANTÍAS COMERCIAIS. IX.- OS SERVIZOS POSTVENTA: A ASISTENCIA TÉCNICA, A REPARACIÓN E OS REPOSTOS DOS PRODUTOS DE NATUREZA DURADEIRA. X.- A PROPOSTA DE REGULAMENTO, DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO, RELATIVO A UNHA NORMATIVA COMÚN DE COMPRAVENDA EUROPEA DE 11 DE OUTUBRO DE 2011.
VI.- A PROTECCIÓN DO CONSUMIDOR FRONTE Á ADQUISICIÓN DE BENS DEFECTUOSOS OU QUE NON SATISFAGAN AS SÚAS LEXÍTIMAS EXPECTATIVAS ECONÓMICAS. I.- NORMAS E MECANISMOS QUE INCIDEN SOBRE A PRODUCIÓN E A PRESENTACIÓN AO PÚBLICO DE BENS QUE SATISFAGAN AS LEXÍTIMAS EXPECTATIVAS DO CONSUMIDOR. II.- MEDIOS DE REACCIÓN XURÍDICA FRONTE A BENS QUE NON SE AXUSTAN Á LEI, AO CONTRATO OU ÁS EXPECTATIVAS DO CONSUMIDOR: A OBRIGACIÓN DE CONFORMIDADE. III.- AS GARANTÍAS COMERCIAIS. IV.- OS SERVIZOS POSTVENTA: A ASISTENCIA TÉCNICA, A REPARACIÓN E OS REPOSTOS DOS BENS. V.- A SEGURIDADE DOS BENS: V.1.- A obrigación de ofrecer produtos seguros ao mercado. V.2.- A responsabilidade do fabricante polos danos causados polos produtos defectuosos.
VII.- O CONSUMIDOR DE VIVENDA. I.-COMPRAVENDA DE VIVENDA. II.- MODALIDADES CONTRACTUAIS AO REDOR DA ADQUISICIÓN DE VIVENDA. III.- PUBLICIDADE, INFORMACIÓN E FORMA CONTRACTUAL NA VENDA DE VIVENDAS. IV.- A VIVENDA: REQUISITOS. V.- O PREZO. VI.- PRÁCTICAS CONTRACTUAIS (ABUSIVAS) RELATIVAS Á RESOLUCIÓN E DESISTIMIENTO. VII.- EVENTUAIS CESIÓNS DE CONTRATO. VIII.- RÉXIME DAS VARIACIÓNS OU REFORMAS NA VIVENDA A ENTREGAR. IX.- ATRASOS NA ENTREGA DA VIVENDA. X.- INCUMPRIMENTO CONTRACTUAL DEFINITIVO. XI.- COMPRAVENDA DE VIVENDA CON MEDIACIÓN DE AXENTES INMOBILIARIOS. XII.- A INTERVENCIÓN DO PROMOTOR NO RÉXIME DE PROPIEDADE HORIZONTAL. AS CLÁUSULAS ABUSIVAS OU ILÍCITAS NOS ESTATUTOS DE PROPIEDADE HORIZONTAL. XIII.- PROTECCIÓN DO ARRENDATARIO DE VIVENDA COMO CONSUMIDOR: XIII.1.- Publicidade e información nos arrendamentos de vivenda: remisión. XIII.2.- Cláusulas abusivas nos alugueres de vivenda.
VIII.- PRESTACIÓN DE SERVIZOS PROFESIONAIS. I.- PRESTACIÓN DE SERVIZOS PROFESIONAIS PRIVADOS: I.1.- Arrendamento de servizos e normas corporativas. I.2.- O contrato de arrendamento de servizos. I.3.- Profesións nas que a colexiación é obrigatoria para a prestación de servizos ao público. A función da Administración corporativa. Normativa deontolóxica: A.- Avogados. B.- Procuradores: normas arancelarias. Reclamación de dereitos e suplidos. II.- PRESTACIÓN DE SERVIZOS PROFESIONAIS PRIVADOS. PROFESIÓNS NON COLEXIADAS: II.1.- Talleres de reparación de vehículos automóviles. II.2.- Servizos de reparación de aparellos de uso doméstico. II.3.- Prestación de servizos de mantemento. II.4.- Servizos de telefonía. II.5.- Prestadores de servizos da sociedade da información. II.6.- Subministración de enerxía eléctrica. II.7.- Prestación de servizos funerarios. II.8.- Servizos de aparcadoiro de vehículos de motor. III.- PRESTACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS: III.1.- O sometemento da prestación pública de servizos ás normas do Dereito de consumo. III.2.- Servizos de ensino. III.3.- Servizos sanitarios. III.4.- Concesionarios de servizos públicos.
IX.- OS CONTRATOS DE FINANCIAMENTO DO CONSUMIDOR. I.- O CRÉDITO AO CONSUMO: I.1.- O crédito ao consumo como modalidade de préstamo persoal. I.2.- Ámbito subxectivo de aplicación da Lei de crédito ao consumo. I.3.- Ámbito obxectivo de aplicación da Lei de crédito ao consumo. I.4.- Formación do contrato de crédito ao consumo. I.5.- Forma do contrato e copias. I.6.- Contido do documento contractual e consecuencias da súa omisión. I.7.- A facultade do consumidor de reembolsar anticipadamente o crédito. I.8.- O incumprimento do prestatario: vencimiento anticipado. I.9.- Efectos da vinculación contractual entre o préstamo e o contrato de adquisición dun ben ou dun servizo. I.10.- Aplicación da LCCFEM aos contratos de financiamento vinculados aos de adquisición dun ben ou servizo. II.- A VENDA A PRAZOS DE BENS MOBLES.
X.- BANCA. PRODUTOS FINANCEIROS, MEDIOS DE PAGO BANCARIOS E GARANTÍAS HIPOTECARIAS. I.- NORMAS SOBRE TRANSPARENCIA NAS OPERACIÓNS CON ENTIDADES DE CRÉDITO E PROTECCIÓN DO CLIENTE BANCARIO. II.- DEBERES DE PUBLICIDADE OU DE INFORMACIÓN AO CLIENTE. III.- O PACTO DE INTERESES NOS PRÉSTAMOS BANCARIOS. IV.- TRANSPARENCIA DOS PREZOS DOS SERVIZOS BANCARIOS PRESTADOS MEDIANTE CAIXEIROS AUTOMÁTICOS (INFORMACIÓN SOBRE AS COMISIÓNS). V.- ADQUISICIÓN A DISTANCIA DE PRODUTOS FINANCEIROS. VI.- A UTILIZACIÓN DE TARXETAS DE PAGO ELECTRÓNICO E CRÉDITOS VINCULADOS. VII.- MALAS PRÁCTICAS BANCARIAS. VIII.- A RECLAMACIÓN XUDICIAL DE SALDOS DEBEDORES POLA ENTIDADE BANCARIA. IX.- PRÉSTAMO CON GARANTÍA HIPOTECARIA: IX.1.- O contrato de préstamo garantido cunha hipoteca. IX.2.- O crédito hipotecario ao consumo. IX.3.- A protección do debedor nos créditos hipotecarios. IX.4.- Reembolso ou cancelación anticipada do préstamo garantido con hipoteca. IX.5.- Peculiaridades do pacto de intereses. IX.6.- Os instrumentos de cobertura do risco de tipo de interese (as permutas financeiras de tipos de interese). IX.7.- Réxime do redondeo en préstamos a interese variable. Nulidade das cláusulas de «redondeo á alza». IX.8.- Seguros vinculados a préstamos hipotecarios. X.- A PROTECCIÓN DO CONSUMIDOR SOBREENDEUDADO: O CONCURSO DO CONSUMIDOR. XI.- PROTECCIÓN DO CONSUMIDOR EN CONTRATOS DE ADQUISICIÓN DE BENS CON OFERTA DE REVALORACIÓN OU GARANTÍA DE RESTITUCIÓN DO PREZO. XII.- INSTITUCIÓNS DE TUTELA DO CLIENTE BANCARIO: XII.1.- O defensor do cliente bancario. XII.2.- Comisionados para a defensa dos clientes de servizos financeiros. XII.3.- O Servizo de reclamacións do Banco de España.
XI.- A CONTRATACIÓN DE SEGUROS POLO CONSUMIDOR. I.- O CONTRATO DE SEGURO E PROTECCIÓN DO ASEGURADO. II.- PUBLICIDADE, INFORMACIÓN E OUTRAS VICISITUDES PRECONTRACTUAIS. III.- FORMA E DOCUMENTACIÓN DO CONTRATO. IV.- O TRATAMENTO DAS CLÁUSULAS ESCURAS, ABUSIVAS, LESIVAS E LIMITATIVAS NO CONTRATO DE SEGURO. V.- AS MODIFICACIÓNS NO CONTRATO DE SEGURO. AGRAVAMENTOS E DIMINUCIÓNS DE RISCOS; AUMENTOS OU MODIFICACIÓNS NAS PRIMAS E PRÓRROGAS DO SEGURO. VI.- OUTROS DEREITOS E OBRIGACIÓNS DO CONSUMIDOR NO CONTRATO DE SEGURO. VII.- A PROTECCIÓN ADMINISTRATIVA DO ASEGURADO: AS RECLAMACIÓNS ADMINISTRATIVAS ANTE A DGS E OS ÓRGANOS ADMINISTRATIVOS DE DEFENSA DO ASEGURADO. VIII.- A PROTECCIÓN DO CONSUMIDOR DE SEGUROS FRONTE A UNHA SITUACIÓN DE CRISE DO ASEGURADOR.
XII.- CONSUMIDOR E SECTOR TURÍSTICO. I.-TURISMO E DEREITO DE CONSUMO: I.1.- Panorama xeral. I.2.- Mecanismos de protección do turista nas leis de ordenación do turismo. II.- VIAXES COMBINADAS: II.1.- Viaxes combinadas: conceptos. II.2.- Protección do consumidor no TRLGDCU. Os dereitos do consumidor na viaxe combinada. II.3.- Prescrición das accións. II.4.- Garantías, fianzas e outros seguros turísticos. II.5.- A contratación on-line das viaxes combinadas. III.- HOSPEDAXE E ALOXAMENTOS TURÍSTICOS: III.1.- O contrato de hospedaxe. A reserva hoteleira. III.2.- Responsabilidade do hotel por danos sufridos polo cliente no establecemento. IV.- APARTAMENTOS TURÍSTICOS E VIVENDAS VACACIONAIS. V.- ADQUISICIÓN DE DEREITOS DE APROVEITAMENTO POR QUENDA DE BENS INMOBLES DE USO TURÍSTICO: V.1.- Introdución. V.2.- Clases de dereitos de aproveitamento por quenda sobre bens inmobles de uso turístico. Caracterización legal. V.3.- Constitución do réxime de aproveitamento por quenda. V.4.- Publicidade, información e forma do contrato. V.5.- Dereitos dos adquirentes.
XIII.- CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE TRANSPORTE POR CONSUMIDORES. I.- O TRANSPORTE AÉREO DE PASAXEIROS. II.- O TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA. III.- O TRANSPORTE FERROVIARIO DE PASAXEIROS. IV.- O TRANSPORTE MARÍTIMO DE PASAXEIROS.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes