Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (plan 2012)
 Asignaturas
  Metodoloxía da investigación
   Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCIÓN
Tema 0. O que é e o que non é investigación xurídica
1. O Dereito é un saber normativo.
2. O Dereito é un saber práctico.
3. Dereito e Humanidades.
4. Dereito e Ciencias sociais.
5. O saber xurídico non coincide co saber lexislativo.
PRIMEIRA PARTE. ANÁLISE DE PROBLEMAS XURÍDICOS
Tema 1. O proceso da análise xurídica.
1. O marco xeral da análise e a súa índole circular: problema, sistema e solución.
2. A importancia do sistema de fontes do Dereito para a determinación da base do sistema.
3. Universo de casos e universo de solucións maximales. Casos xenéricos e casos individuais.
5. Indeterminación e vaguedad do Dereito. Problemas derivados da falta de información suficiente.
Tema 2. O problema, entre os feitos e o Dereito 1. A provisión da información fáctica.
2. A análise factual: partes ou persoas involucradas; cousas e obxectos involucrados no caso; bases xurídicas do problema: pretensións, defensas e excepcións.
3. A determinación ou identificación dos problemas ou cuestións xurídicos.
4. A organización dos problemas ou cuestións xurídicas.
Tema 3. O establecemento ou determinación das regras que rexen o caso (base do sistema). 1. Atopar o Dereito aplicable: a) aspectos relacionados coa prelación, a xerarquía e o ámbito de aplicación material das fontes. b) Técnicas de procura: por palabras, conceptos ou tópicos; por referencia a autoridades normativas ou xurisdicionais. c) A axuda da doutrina e das fontes secundarias.
2. A lectura do Dereito aplicable: a) aprender a ler como xuristas; b) avaliar o contido das normas lexislativas e administrativas; c) avaliar o contido da xurisprudencia.
3. Actualizar e adaptar o Dereito ao caso.
Tema 4. A determinación da solución ou rango de solucións do caso. 1. Consecuencias normativas: casos fáciles e casos difíciles.
2. A necesidade de elixir: elección estratéxica e elección imparcial.
3. A necesidade de derivar a solución elixida a partir do sistema.
4. A necesidade de xustificar a derivación: o lugar da argumentación.
SEGUNDA PARTE. A ELABORACIÓN DUN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: ORIENTACIÓNS PRÁCTICAS
Tema 5. Algúns estándares de calidade na investigación e análises xurídicas.
1. Especialización.
2. Acribia: as súas manifestacións.
Tema 6. O inicio e desenvolvemento dunha investigación. 1. Fontes de coñecemento e fontes de información: a) a procura do material normativo, jurisprudencial e bibliográfico preliminar. b) Criterios de selección e valoración crítica da bibliografía. c) Orientacións prácticas e recursos para o rastrexo exhaustivo das fontes e da bibliografía pertinente. d) Clasificación do material: a lectura e a súa orde; as notas e fichas.
2. Organización e análise da información adquirida a través da lectura.
Tema 7. A redacción. 1. Características e pautas xerais que deben tomarse en conta á hora de escribir.
2. A cita textual e a paráfrasis; aclaracións sobre o uso de %ou201Ccfr.%ou201D con relación a autores, normas legais ou sentenzas.
3. Fluidez do texto e referencias en notas ao pé; citas extensas de autores, leis ou sentenzas.
4. Diferentes funcións das notas.
5. Diferentes sistemas de notas e formas de citar.
6. Sobre o emprego de abreviaturas.
Tema 8. As citas en traballos xurídicos profesionais e académicos. 1. Importancia de citar correctamente e consecuencias negativas de citar de maneira defectuosa.
2. Formalidade e corrección substancial das referencias; as citas e o argumento de fondo.
3. A coherencia interna nas citas.
4. Notas ao pé, notas ao final e referencias no texto.
5. Modo de citar un libro.
6. Citas dun traballo incluído como capítulo nun libro colectivo.
7. Modo de citar artigos de revista e citas de artigos publicados en repertorios de doutrina e xurisprudencia.
8. Novas citas dun libro, capítulo de libro ou artigo xa citado; aclaracións sobre o uso de %ou201Cidem%ou201D e %ou201Cibid.%ou201D.
9. Modo de citar a xurisprudencia.
10. Modo de citar sentenzas estranxeiras.
11. Citas de sentenzas de tribunais internacionais.
12. Cita de normas.
13. Modo de citar materiais doctrinales, legais e jurisprudenciales localizados en Internet.
14. A cita de documentos procedentes de bases de datos.
Tema 9. A localización telemática de fontes e doutrina xurídica. Repertorios, bases de datos, portais, outros medios informáticos.
TERCEIRA PARTE. METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN E DEREITO COMPARADO
Tema 10. Aproximación ao dereito comparado.
1. A comparación xurídica e as súas posibilidades metodolóxicas investigadoras.
2. As tradicións xurídicas en clave macrocomparatista: a) a tradición xurídica continental; b) a tradición xurídica anglosaxoa.
Tema 11. As diferentes técnicas que poden ser empregadas desde a aplicación dos principios básicos do dereito comparado. 1. Macrocomparación e microcomparación. As súas dificultades prácticas. O funcionamento e o contexto.
2. Principios operativos básicos do método comparado no ámbito xurídico.
3. Dificultades principais á hora de empregar o método comparado na investigación xurídica.
4. Iter metodolóxico na comparación xurídica. Cuestións prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes