Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial(plan 2016)
 Asignaturas
  Dereito Urbanístico I
   Contidos
Temas Subtemas
Introducción xeral o Dereito Urbanístico Concepto de Dereito. Fontes do Dereito. Dereito público e Dereito privado. O procedemento administrativo. As potestades administrativas. O réxime xurídico da contratación. O sistema xurídico do urbanismo. O sistema xurídico da edificación no Ordenamento xurídico español, especial referencia a Galicia.
Réxime urbanístico do chan
O dereito de propiedade urbana. A súa concepción estatutaria. As situacións básicas de chan. Clasificación e cualificación do chan: a súa distinción.O chan urbano: categorías e réxime xurídico. O chan urbanizable: categoría e réxime xurídico. O chan rústico: categorías e réxime xurídico. O chan de nucleo rural: categorías e réxime xurídico. As indemnizacións urbanísticas.
O sistema de planeamento urbanístico e de ordenación do territorio A peculiar forma de produción do ordenamento urbanístico. Concepto e natureza dos plans. O sistema de planificación urbanística en Galicia: clases de plans e normas urbanísticas na LOUPMRGal: plan territorial, plan xeral e plan de desenvolvemento. Os estándares urbanísticos e as normas de directa aplicación . O procedemento de tramitación do plans. Vixencia, modificación e revisión dos Plans.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes