Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial(plan 2016)
 Asignaturas
  Dereito Urbanístico II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A11 Durante as sesións maxistrais dedicarase, na maior parte dos casos, unha parte das mesmas á resolución e posta en común dos supostos prácticos. Da participación dos alumnos o profesor extraerá unha cualificación que fará media co resto das cualificacións que os alumnos obteñan polo resto de actividades realizadas durante o desenvolvemento do módulo. 50
Estudo de casos A1 A5 A11 A12 A13 A14 B16 B15 B14 B11 B10 B9 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C6 C3 O estudo de casos ten por finalidade a aplicación práctica do resultado da aprendizaxe do dereito urbanístico que ao longo do MAXE ven desenvolvendo. 50
 
Observacións avaliación

Os estudantes serán avaliados nun sistema de avaliación continua. Teranse en conta tanto as actividades realizadas na aula como os traballos e supostos prácticos encargados aos estudantes no contexto de  semipresencialidade do  MAXE. A nota final será obtida a partir da nota media de todas as cualificacións anteriores. Non poderán superar o módulo aqueles alumnos que teñan máis dun 20% de faltas de asistencia ás sesións maxistrais.

Polo que respecta ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistirá na proba obxectiva, que terá un valor do 100% tanto en primeiro oportunidade como en segunda oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes