Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Fundamentos romanísticos da cultura xurídica occidental
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a Conferencias e Cursos, tanto da materia como de outras relacionadas con aquela, presenciais e on-line, suxerindo a realización de reseñas do tratado nas mesmas.
Lecturas Realización de lecturas relativas tanto ás materias tratadas no programa da materia, como a cuestións xerais relativas a cultura xurídica en xeral.
Traballos tutelados Realización de resumos ou esquemas de partes da materia que poidan resultar útiles para unha mellor comprensión e estudo posterior das mesmas. Con posibilidade de, en caso de atoparse interesados en determinados temas, ampliar os coñecementos sobre os mesmos.
Presentación oral Intervencións en clase expoñendo partes do temario individualmente ou por grupos, e someténdose posteriormente ás posibles preguntas dos demais compañeiros e o profesor, sobre a parte exposta.
Proba obxectiva Exame final escrito das diversas partes indicadas da materia, con preguntas concretas (tipo test ou cortas) a través das que o profesor poida comprobar a correcta asimilación por parte dos estudantes dos contidos da materia.
Sesión maxistral Lección maxistral impartida polo profesor con posibilidade de intervención dos alumnos formulando preguntas sobre os temas cuxa lectura se suxeriu previamente.
Solución de problemas Plantexmento e realización de un caso o casos prácticos conectados coas materias teóricas previamente estudadas, con participación activa dos alumnos nas sesións establecidas ao efecto.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes