Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  España na configuración histórico-xurídica de Europa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) España na configuración histórico-xurídica de Europa Código 612G01002
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Montanos Ferrin, Maria Emma
Correo electrónico
emma.montanos@udc.es
Profesorado
Cebreiros alvarez, Eduardo
Montanos Ferrin, Maria Emma
Correo electrónico
eduardo.cebreiros@udc.es
emma.montanos@udc.es
Web
Descrición xeral A través do contido e desenvolvemento da materia de "España na configuración histórico-xurídica de Europa", dirixida aos estudantes de primeiro curso do grao en Dereito trátase de que estes se poñan en contacto cos principais elementos que configuraron o noso ordenamento xurídico. No desenvolvemento e exposición da materia histórico-xurídica dentro desta planificación académica tivéronse en conta as novas tendencias historiográficas que en parte se consolidaron fóra de España e produciron estudos significativos que os nosos estudantes deben coñecer e valorar. A estrutura de aprendizaxe que expomos, desenvolvemos e desenvolveremos é pioneira nos encuadramientos metodolóxicos españois. En consecuencia, o estudante deberá de ter en conta que o noso pasado xurídico está determinado por Europa porque España non foi nin é unha illa e dentro desta comprensión que é o noso principal obxectivo desenvolveranse todos os demais. Posto que a realidade española foi parte da realidade europea, os estudantes han de comprender e coñecer ben a grandiosa realidade dese dereito común europeo unitario, capaz de dominar a escena xurídica de toda Europa. Pero ademais, teñen que perfilar a súa formación histórico-xurídica entendendo que tamén hai de forma paralela uns dereitos particulares e particularísimos indubidablemente vixentes que constitúen os dereitos propios, nos que tamén España ofrece as súas singularidades. Os obxectivos por tanto pódense sintetizar en: coñecemento do ordenamento xurídico común de Europa nas súas principais manifestacións e coñecemento das singularidades xurídicas de España. Naturalmente, dentro de cada unha das metas quedarán especificados os niveis de coñecemento que han de adquirir os estudantes tendo en conta os principais acontecementos culturais que as determinaron e especificándose as principais institucións que os articularon no noso vinte séculos de ordenación xurídica. Estes puntos aparecen detallados no Programa ou temario a cuxo contido remitímonos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes