Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  España na configuración histórico-xurídica de Europa
   Contidos
Temas Subtemas
“ESPAÑA NA CONFIGURACIÓN HISTÓRICO-XURÍDICA DE EUROPA”


ESPAÑA DURANTE A ÚLTIMA FASE DO IMPERIO ROMANO





Lección 1ª.- 1. O imperio de Diocleciano.- 2. O imperio de Constantino.- 3. Significación política do Dominado.- 4. A división do Imperio.- 5. Justiniano.- 6. O poder do Imperio e a Igrexa.- 7. Perfil do ordenamento imperial.- 8. Características xerais do Dereito romano postclásico.- 9. A cultura xurídica de Occidente.- 10. A cultura xurídica de Oriente.

Lección 2ª.- 1. A extensión do ius civitatis Romanorum a todos os cives do Imperio.- 2. A península ibérica dentro do Imperio de Occidente. Breve descrición das magistraturas romanas existentes en España antes da chegada dos visigodos. 3. Costumes locais e aplicación do dereito romano en España. 4. A primeira gran codificación do dereito romano: o Codex de Teodosio.
A PRIMEIRA IDADE MEDIEVAL





Lección 3ª.- 1. A irrupción dos visigodos dentro dos confíns do Imperio: os foedera.- 2. O primeiro Regnum visigodo (418-572).- 3. O Regnum Gothorum, Regnum Hispaniae.- 4. Os concilios de Toledo.

Lección 4ª.- 1. Cultura fundamentalmente militar nas novas institucións.- 2. Algunhas excepcións: a formación de antoloxías xurídicas que recollen principalmente canto penetrou e sobrevive en España dos escritos dos xuristas romanos e das leis romanas. O caso máis importante: o Breviarium de Alarico (506): Descricións do seu contido.- 3. A vontade dun rei transforma a natureza xurídica da obra: a antoloxía imponse como lei do regnum.- 4. Significado dos textos iguais ou similares ao Breviarium de Alarico existentes e que circulan por varias rexións de Europa.

Lección 5ª.- 1. O bispo de Roma convértese en pontifex maximus do orbe cristián.- 2. Principais trazos configuradores da estrutura da Igrexa e o desenvolvemento da actividade conciliar.- 3. Os novos materiais lexislativos para regular a vida dos católicos de España. 4. A Collectio pseudosidoriana ou Collectio Hispana.- 5. Breve perfil do priscilianismo.
ESPAÑA DURANTE OS SÉCULOS VII-XI


Lección 6ª.- 1. O Islam en España.- 2. As orixes do reino astur-leonés.- 3. A despoboación do val do Douro.- 4. A repoboación.- 5. O imperio castelán-leonés.- 6. A Marca hispánica e a repoboación de Cataluña.- 7. Dos núcleos de resistencia pirenaicos á formación e repoboación dos reinos de Navarra e Aragón.

Lección 7ª. O sistema señorial: 1. O campo: consideracións xerais sobre o estado da sociedade civil. Predominio do campo sobre a cidade. - 2. As institucións dominantes na campiña: a) O réxime señorial. - 3. Administración de xustiza. - 4. Prestacións impostas, en especie e en diñeiro. - 5. A condición dos viláns.

Lección 8ª. O feudalismo: 1. Orixes do feudalismo. - 2. Elementos do feudo. - 3. Prestacións feudais. - 4. O desenvolvemento do instituto xurídico feudal nos reinos hispánicos.

Lección 9ª. A península ibérica dentro da historia europea: as grandes reformas monásticas e os lugares da sapientia: 1. A campiña e a cidade: a) o mosteiro. - 2. A campaña e a cidade: b) o bispado, a igrexa colexiata. - 3. A península ibérica dentro da historia europea. - 4. Os lugares da sapientia. - 5. As características da sapientia: as artes liberais (gramática, dialéctica e retórica), o dereito, a teoloxía.

Lección 10ª. Dereito musulmán e dereito cristián: 1. Dereito musulmán e Dereito cristián. - 2. A Lex Visigothorum entre o mito e a realidade. - 3. Resposta xurídica á nova situación social determinada pola autotutela e a repoboación. - 4. A lexislación como evento excepcional.
II- LA ÉPOCA NUEVA: SIGLOS XII AL XV

Lección 11ª. El poder real y el poder señorial: 1. El poder real y el poder señorial: caracterización general y especificación de su posicionamiento. - 2. Facultades de los señores en el marco de su señorío. - 3. Específica concreción de sus facultades jurisdiccionales. - 4. La administración del señorío. - 5. Encomiendas y behetrías. - 6. Los grandes señoríos.

Lección 12ª. La comunidad: 1. La comunidad: caracteres y composición. - 2. Los estamentos configuradores de la sociedad: a) el estado nobiliario; b) o estado eclesiástico; c) o estado das cidades. Específica referencia aos mercadores e á dimensión xurisdicional dos Consulados. - 3. Os campesiños: a) os campesiños libres; b) os vasallos de señorío; c) os homes de behetría. - 4. Outros grupos de poboación: a) xudeus; b) mudéjares; c) escravos. - 5. Principais manifestacións da conflitividade social.

Lección 13ª. Do cambio do século XI ao renacemento medieval do século XII: 1. Do cambio do século XI ao renacemento medieval do século XII. Cambios da realidade na cidade: as súas novas funcións e dimensións. As características dominantes da civilitas convértense agora nas cidadás. - 2. A especialización do traballo e a regulación de actividades artesanais: formación dos Gremios.- 3. O Ius Commune: O Corpus Iuris Civilis e o Corpus Iuris Canonici. 4. O sistema do Ius Commune.

Lección 14ª. A formación politica das Coroas. A dimensión institucional do rei: 1. A formación política das Coroas: o territorio; incorporación de territorios; formas políticas dos territorios; significación política da Coroa. - 2. O rei: dimensión institucional, capacidade para reinar e orde de sucesión. A configuración teórica do poder imperial e rexio: a) Princeps legibus solutus est; b) Quod principe placuit legis habet vigorem; c) Quod omnes tangit ab omnibus conprobari debet; d)Rex superiorem non recognoscens in regno suo est imperator. Contido do poder real.

Lección 15ª. A casa e corte, a Chancillería real, os Consellos reais: 1. O oficio. - 2. O oficial. a) Control do oficio. - 3. A Casa e Corte. - 4. A Chancillería real: a) O Chanciller Maior. b) O Chanceler da Poridad. c) Notarios Maiores. d) Os escribanos. e) Secretarios. f) Rexistradores.- 5. O Consello Real. a) O Consello Real de Castela.

Lección 16ª. As Cortes: 1. Formas de participación dalgúns sectores da comunidade no goberno do Reino. As Cortes: a) composición, b) competencias, c) actuación, d) a Deputación de Cortes. - 2. Xuntas, Unións e Irmandades.

Lección 17ª. A xustiza. 1. A xustiza: consideracións xerais. - 2. Contido da xustiza real. Principais manifestacións da xustiza rexia. - 3. As Audiencias: órganos superiores de xustiza: a) orixe; b) sede; c) competencias. - 4. A Xustiza Real Suprema: os Consellos do Rei.

Lección 18ª. As principais manifestacións da lexislación real en Castela: 1. As principais manifestacións da lexislación real como un intento de uniformar a situación xurídica da Coroa de Castela: Fernando III e o Fuero Xulgo; complexidade da política lexislativa de Alfonso X; a redacción de foros extensos como reacción dos concellos ante o Ius Commune. - 2. Foro vello e Dereito novo: os intereses políticos da nobreza, dos concellos e do rei en xogo. - 3. Consagración oficial do Ius Commune nas Cortes de Alcalá de 1348.
O ESTADO MODERNO: SÉCULOS XVI AO XVIII Lección 19ª. A Monarquía Universal Española: 1. Nova situación político-institucional: a) unión persoal da coroa de Castela e da coroa de Aragón cos Reis Católicos; b) consolidación da autoridade real en Castela. - 2. Incorporación territorial de Canarias e recuperación total de Andalucía: o reino de Granada. - 3. Incorporación do reino de Navarra á coroa de Castela: problemas constitucionais. - 4. Descubrimento das Indias e problemas de incorporación do Novo Mundo á coroa de Castela: a) doazón papal das illas e terra firme, bulas alejandrinas (manifestación da potestade do Papa); b) as Indias incorporadas a coroa castelá; c) xustificación de presencia castelá en Indias. - 5. Organización xurídica das Indias. O sistema ius commune-ius proprium nos territorios incorporados: a) dereito indiano, ius proprium para as Indias; b) función do dereito castelán na súa aplicación ao Novo Mundo. - 6. Monarquía Universal española. Levantamentos contra un poder absoluto: a) as Comunidades; b) as Germanías. - 7. Unificación xurídica: Decretos de Nova Planta.

Lección 20ª. O territorio e a sociedade: 1. O territorio. - 2. Os súbditos. - 3. A sociedade.

Lección 21ª. O rei: 1. O rei: a) títulos, atributos e dignidade; b) capacidade para ostentar a realeza; c) poder real; d) manifestacións do poder rexio. - 2. Orde sucesoria. - 3. Delegación do poder real. - 4. O valido. 5. O oficio público. - 6. A casa do rei: organización.

Lección 22ª. O Estado: 1. O Estado moderno. - 2. Elementos determinantes da organización político-administrativa estatal. - 3. Evolución institucional do Estado. - 4. Limitacións á configuración dunha fórmula político-estatal de dimensión absoluta: a) límites doctrinales; b) límites institucionais. - 5. O Estado absoluto.

A produción lexislativa. O sistema do ius commune:

Lección 23ª. As Cortes: 1. As Cortes: consideracións xerais. - 2. O rei e as Cortes. - 3. A súa intervención no ámbito lexislativo: a) elaboración lexislativa; b) reparo de agravios. - 4. A Deputación de Cortes.

Lección 24ª. O ius commune en Europa no século XVIII: 1. O sistema do ius commune: o xénero xurídico-recompilatorio como expresión do ius proprium nacido en cada reino e a función do ius commune. - 2. Predominio do Ius Commune en Europa - con maior ou menor intensidade - ata o século XVIII sobre a base dunha tradición xurídica común. - 3. O cambio dinástico do século XVIII: tensión entre o Dereito rexio e o Ius Commune. Repercusión na estrutura académica da Universidade de Santiago de Compostela. - 4. A realidade reflectida na literatura xurídico-doctrinal de Galicia. - 5. A aplicación do ius commune en Galicia no século XVIII: a) dereito práctico e estilos da Real Audiencia de Galicia.

A administración central.

Lección 25ª. Os Consellos: 1. Os Consellos. - 2. Evolución da estrutura polisinodial. - 3. Composición dos Consellos: a) o presidente; b) o secretario; c) os conselleiros. - 4. Atribucións: a) competencias comúns dos Consellos territoriales; b) Consellos con funcións de natureza específica. - 5. Actuación do os Consellos.

Lección 26ª. As Xuntas: As Xuntas: carácter e especificación das máis sobresalientes. - 2. Os Secretarios do Despacho. - 3. A Xunta Suprema de Estado.

Organización da administración de xustiza.

Lección 27ª. Os xuíces. A xustiza real suprema. As Audiencias: 1. Introdución. - 2. Estatuto xurídico dos xuíces: a) Designación e cualidades; b) Limitacións; c) Obrigacións. - 3. Xustiza real suprema: Consellos do rei. - 4. Audiencias: institucións superiores de xustiza: a) Instalación e evolución; b) Composición; c) Audiencias de Indias; d) Audiencias da coroa aragonesa; e) Atribucións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes