Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Comunicación oral e escrita
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación dos obxectivos, contidos, dinámica e bibliografía da materia, ben como a realización de probas de avaliación inicial.
Sesión maxistral Clases expositivas presenciais en que se presentarán conceptos cuxo coñecemento será exixido tanto para a realización das prácticas como nas probas escritas.
Obradoiro Actividades que se realizarán individualmente ou en grupo.
Presentación oral Actividades de comunicación oral.
Lecturas Lecturas obrigatorias para cada tema. Alén disto, para un óptimo aproveitamento das sesións, deberanse ler e analizar previamente os textos que se indiquen para cada sesión.
Traballos tutelados Traballo tutelado seguindo as pautas definidas polo/a docente.
Proba mixta Proba na que se avalía a asimilación dos contidos e a capacidade de por en práctica as destrezas propias da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes