Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Comunicación oral e escrita
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 B6 B2 C1 C6 Traballo para avaliar a competencia en comunicación escrita. 15
Proba mixta A11 A12 B2 C1 Proba de carácter teórico-práctico na que se mostrará que foron adquiridos os coñecementos e as competencias da materia. Valorarase tamén a corrección e a adecuación lingüística. Para superar a materia deberase obter unha cualificación mínima de 4 (sobre 10) nesta proba. 40
Obradoiro A8 B6 B10 B12 B13 B4 C3 Exercicios prácticos realizados na aula.
20
Presentación oral A12 B4 C1 Probas de comunicación oral. 25
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a cualificación mínima na proba mixta deberá ser de 4 (sobre 10). Tamén será requisito imprescindible ter realizadas as presentacións orais.

Só se aceptarán traballos, actividades etc., que se entreguen dentro dos prazos establecidos.

Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.).

O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), incluso parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descualificación automática da actividade.

Cualificarase como non presentado ao estudante que non realice o exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda oportunidade poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos cos mesmos porcentaxes. As actividades dos obradoiros recuperaranse mediante tarefas equivalentes que se indicarán a través de Moodle. As probas orais realizaranse na data prevista oficialmente para o exame.

Na segunda edición de actas só se cualificará como non presentado a quen xa tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non se presente ao exame oficial de xullo.

Os estudantes a tempo parcial con dispensa académica recoñecida realizarán actividades compensatorias dos obradoiros, previo acordo cos profesores. O resto dos métodos de avaliación realizaranse sen adaptación.

Os alumnos deben consultar semanalmente o Campus Virtual da UDC (Moodle); neste esparzo virtual obterán toda a información sobre a asignatura: documentos, avisos e calificacións.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes