Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Subjects
  Oral and Written Communication
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A8 A12 B10 B12 B13 B2 B4 C1 C6 Probas de comunicación oral. A parte de comunicación oral avaliarase ao 100% con estas probas, sendo necesario aprobar cada unha das prácticas que se realicen. 30
Supervised projects A8 A11 A12 A13 B10 B12 B13 B2 B4 C1 C6 C7 Traballo para avaliar a competencia en comunicación escrita. 20
Practical test: A8 A11 A13 B13 B2 B4 C1 C6 Prácticas de escritura. 10
Mixed objective/subjective test A8 A13 B13 C1 C6 Exame final da materia no que serán avaliados os coñecementos teóricos e prácticos de expresión escrita adquiridos durante a mesma. 40
 
Assessment comments

Dado que é unha materia eminentemente práctica, o peso maioritario desta recae, sobre todo, nos traballos realizados polo alumnado. O 40% da avaliación total procede da proba obxectiva sobre a teoría impartida nas clases maxistrais e exercizos prácticos. Esta proba realizarase na data establecida pola Facultade.

O 60% restante responde á avaliación das prácticas de comunicación oral e escrita realizadas ao longo do curso. 

Para superar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica como a teórica, é dicir, obter polo menos un 3 (30 sobre 100) no conxunto das prácticas realizadas e un 2 (20 sobre 100) no exame final.

Tres faltas de ortografía (incluidos os tils) implican que non se corrixirá ese traballo, exercicio ou exame.

O alumnado que goce de dispensa académica deberá porse en contacto cos dous profesores da asignatura antes do día 15 de febreiro, a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias ás aulas. Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo. 

Os/as alumnos/as deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (Moodle), pois será o espazo a través do cal se lles comunicará toda a información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e cualificacións.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes