Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Principios económico-contables da empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B7 B12 B1 B5 Valoraranse os coñecementos e capacidades mostradas polo alumnado nas probas propostas pola equipa docente.
Realizaranse tres probas mixtas ao longo do curso, cada unha de elas será cualificada con un 10% da cualificación total (1 punto sobre 10)
As probas realizaranse coa secuencia que se indica a continuación:
1 proba da parte de introducción
1 proba da parte de microeocnomía
1 proba da parte de macroeconomía
Todas estas probas poderán ser realizadas presencialmente ou online a través da plataforma Moodle.
Todas estas probas forman parte da avaliación continua.
30
Proba obxectiva B7 B8 B1 B1 B5 Valoraránse coñecementos adquiridos ao longo do curso. A proba poderá consistir en cuestións de tipo teórico ou práctico.
Realizaranse sete probas obxectivas ao longo do curso. Cada unha de elas será cualificada con un 10% do total (1 punto) e corresponderán coa seguinte secuencia:
1 proba da parte de introducción
3 probas da parte de microeocnomía
3 probas da parte de macroeconomía
Todas estas probas poderán ser realizadas presencialmente ou online a través da plataforma Moodle.
Todas estas probas forman parte da avaliación continua.
70
 
Observacións avaliación

Realízanse a seguintes observacións:

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. En todas elas a avaliación continua pondera o 100% e as probas requiridas estarán a disposición dos estudantes na correspondente convocatoria. 

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: dado que a avaliación e continua a o 100%, estes estudantes deberán realizar todas as probas propostas, acordándose ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

4. Sobre condicións de avaliación final: será correspondente a acadada mediante avaliación continua e todas as probas deberán ser cumprimentadas con data límite fixada.

5. Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes