Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Teoría do Dereito
   Contidos
Temas Subtemas
Primeira parte. O Dereito como práctica social e como sistema normativo
____________________________________________________________________
Tema 1. O Dereito como orde. Dereito, sociedade e Estado. Funcións do Dereito. 1. A socialidade humana. Idea de relación social. Idea de orde social. Cooperación e conflito. 2. A orde social non é unha orde espontánea. 3. Funcións do Dereito en relación coa orde social. 4. Dereito, comunidade política e poder. 4.1. A comunidade política como creadora e conservadora da orde xurídica. 4.2. O Dereito como factor de organización e lexitimación do Estado.
Tema 2. O Dereito como conxunto de directrices para a resolución de conflictos. Fins do Dereito e valores xurídicos.
1. Os preceptos do Dereito. 1.1. As regras. 1.2. Os principios. 1.3. Os conceptos xurídicos. 1.4. Os estándares xurídicos. 2. A técnica xurídica. 3. O elemento ideal: os valores. 3.1. Os valores xurídicos. Valores e fins. 3.2. A proxección dos valores sobre os preceptos. 3.3. A proxección dos valores sobre a técnica.
Tema 3. Fins do Dereito e valores xurídicos 1. A xustiza. 1.1. Aproximación á noción de xustiza. Xustiza material e xustiza formal. 1.2. Principais proxeccións da xustiza. 2. A seguridade. 2.1. A seguridade como condición e esixencia da vida humana. 2.2. A seguridade xurídica, cualidade do Dereito que introduce certeza e orde. 2.3. Principais proxeccións e limitacións da seguridade xurídica. 3. Relacións entre xustiza e seguridade.
Tema 4. O Dereito como actividade ou proceso 1. O carácter dinámico das relacións sociais. 2. O carácter dinámico da actividade destinada a configurar, preservar e restablecer a orde xurídica. 2.1. A lexislación. 2.2. O tráfico xurídico. 2.3. A adxudicación. A idea de proceso. 3. Relación entre o Dereito como conxunto de directrices e o Dereito como actividade.
Tema 5 a. O Dereito como práctica social 1. A unificación dos sentidos do “Dereito”.
2. Definicións que otorgan primacía a un dos sentidos.
3. Definicións descriptivas globales. O Dereito como práctica social.
4. Proposta de unha definición descriptiva do Dereito.
Tema 5b. Os caracteres do Dereito como práctica social e como orde normativa. 1. Carácter institucional. 2. Normatividade. 3. Coactividade. 4. Outros caracteres
Tema 6. Dereito e moral 1. Parámetros de diferenciación. 2. A proxección da moral sobre o Dereito. 3. A proxección do Dereito sobre a moral.
Segunda parte. Elementos de análisis xurídico: nocións básicas e dinámica da orde xurídica
____________________________________________________________________
Tema 7. O suxeito de Dereito O suxeito de Dereito 1. A orde xurídica, orde humana: a persoa. 2. O suxeito de Dereito. O concepto xurídico de persoa e a súa evolución. 3. Elementos para unha crítica do concepto xurídico de persoa. 4. A extensión da personalidade xurídica. Capacidade xurídica e capacidade de obrar. 5. A persoa xurídica.
Tema 8. A relación xurídica 1. Concepto. 2. Presupostos. Alteridade. Igualdade. 3. Elementos. Suxeitos. Obxecto. Vencello. Fundamento. 4. Relación xurídica e situación xurídica. Situacións xurídicas activas e pasivas.
Tema 9. O deber xurídico 1. Aproximación a partires do uso lingüístico. “Ter o deber de” e “verse obrigado a”. 2. Outras concepcions do deber xurídico. As negacions do deber xurídico. 3. Os elementos de diferenciación entre deber xurídico e deber moral. 4. As características do deber xurídico. 4.1. Relacionadas coa xustiza. Posibilidade. Exterioridade. Licitude. Equivalencia entre débito e prestación. Irrenunciabilidade. Esixibilidade. 4.2. Relacionadas coa seguridade xurídica. Posibilidade. Determinación ou determinabilidade. Inexcusabilidade. Existencia de certas garantías. 5. Situacións de deber xurídico: suxección e obriga.
Tema 10. O dereito subxectivo 1. Idea xeral. Aproximación dende o uso lingüístico e dende as clasificacións científicas máis estendidas. 2. A evolución histórica da noción de dereito subxectivo, dende a ideoloxía á formulación técnica. 3. Estrutura do dereito subxectivo. Suxeito activo. Suxeito pasivo. Obxecto. Contido. Fundamento. Título. 4. Dimensión dinámica do dereito subxectivo. Condicións de exercicio. Extensión. Límites. 5. Recapitulación: o dereito subxectivo, construción abstracta. 6. Outras situacións de poder xurídico: as potestades.
Tema 11. Teoría da norma xurídica 1. Aproximación histórica: da lei á norma. 2. A natureza da norma xurídica. 2.1. Unha cuestión preliminar: norma, pensamento e linguaxe. Usos e funcións da linguaxe e das normas. 2.2. A teoría imperativista clásica e os seus defectos. 2.3. As alternativas ó imperativismo. 2.3.1. A teoría das normas de von Wright. 2.3.2. A teoría das normas de Hart e a “escola” anglo-norteamericana: a) as normas como razóns para a acción; b) teoría da norma e teoría do sistema xurídico; c) a natureza das normas de competencia. 2.4. Conclusións sobre a natureza da norma. 3. A estrutura da norma xurídica. 3.1. A solución tradicional: suposto de feito e consecuencia xurídica. 3.2. Algúns corolarios. 3.2.1. A necesidade de distinguir entre normas completas e incompletas. 3.2.2. Os tipos de normas xurídicas incompletas. 3.3. As críticas ó modelo tradicional. 3.3.1. A excesiva simplicidade. A análise de von Wright. 3.2.2. O problema da estrutura dos principios. 4. A existencia das normas xurídicas: a fronteira entre a teoría da norma e a teoría da orde ou do sistema xurídico.
Tema 12. Teoría do sistema xurídico e das fontes do Dereito I. O Dereito como sistema. 1. Introdución. 2. Sistemas estáticos e sistemas dinámicos. 3. Sistema xurídico e orde xurídica. 4. A unidade do sistema xurídico. 5. O cambio de orde xurídica. 6. A plenitude do sistema xurídico. 7. A coherencia do sistema xurídico. II. As fontes do Dereito. 1. Significado da expresión "fontes do Dereito". 2. Concepto de fontes do Dereito. 3. Clasificación das fontes do Dereito. 4. A dimensión política das fontes do Dereito. 5. A estrutura do sistema de fontes. 6. A dimensión temporal do Dereito. III. As fontes do Dereito no Dereito español. 1. Código civil e Constitución. 2. Constitución como norma xurídica. 3. A lei. 4. O costume. 5. Os principios xerais do Dereito. 6. A jurisprudencia
Tema 13. A acción humana no interior da orde xurídica A acción humana no interior da orde xurídica 1. Actos e feitos. 1.1. Feitos e feitos xurídicos. A noción de relevancia xurídica. 1.2. Os actos xurídicos. 1.2.1. Actos libres. 1.2.2. Actos debidos. 2. A violación da orde xurídica. Ilícito, responsabilidade, sanción. 2.1. O acto ilícito. Concepto. Ilícitos típicos e ilícitos atípicos. 2.2. A responsabilidade. Concepto e clases. Elementos. 2.3. A sanción. Concepto e clases de sancións. 3. A solución de conflitos e a reparación da orde xurídica. O proceso dende a teoría xurídica. Caracteres e elementos.
Tema 14. Unha introducción ó proceso de determinación xudicial do Dereito I. Interpretación. 1. Noción. 2. Problemas de interpretación. 3. Linguaxe xurídica e linguaxe natural. 4. Teorías da interpretación xurídica. 5. Técnicas interpretativas. II. Aplicación. 1. Interpretación e aplicación
2. A xustificación das decisións xudiciais. 3. A tarefa creativa dos xuíces
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes