Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Teoría do Dereito
   Contidos
Temas Subtemas

Primeira parte. Elementos de análise xurídica: a estructura da orde xurídica
__________________________________________________

Tema 1. Aproximación fenomenolóxica ao mundo do Dereito.
1. Un mundo de normas. 2. Un mundo de normas que gardan entre si unha certa orde. 3. Un mundo de suxeitos en relación: seres humanos, e outros. 4. Un mundo de cousas. 5. Un mundo de feitos. 6. Un mundo de accións e controversias.

Tema 2. Introdución á teoría da norma xurídica
1. A natureza da norma xurídica. 1.1. Unha cuestión preliminar: norma, pensamento e linguaxe. Usos e funcións da linguaxe e das normas. 1.2. A norma como enunciado lingüístico prescriptivo.
1.3. A teoría imperativista clásica e os seus defectos. 1.4. Alternativas ao imperativismo. 1.4.1. A teoría das normas de von Wright. Clases de normas. 1.4.2. A teoría das normas de Hart: a) as normas como razóns para a acción; b) normas primarias e normas secundarias: a teoría da norma conduce á teoría do sistema xurídico; c) algúns problemas. 1.5. Conclusións sobre a natureza da norma xurídica. 2. A estrutura da norma xurídica. 2.1. A solución tradicional: suposto de feito e consecuencia xurídica. 2.2. Algúns corolarios: a) a necesidade de distinguir entre normas completas e incompletas; b) Os tipos de normas xurídicas incompletas. 2.3. As críticas ao modelo tradicional. 2.3.1. A excesiva simplicidade. A análise de von Wright. 2.3.2. A estrutura dos principios xurídicos. 3. Fenomenoloxía das normas xurídicas: normas, disposicións e corpos xurídicos. 4. A validez ou existencia das normas xurídicas: a fronteira entre a teoría da norma e a teoría da orde ou do sistema xurídico.
Tema 3. Nocións de teoría do ordenamento e sistema xurídico
1. Caracterización xeral: ordenamento, Estado e sistema. 2. A vocación sistemática do ordenamento xurídico. Os caracteres tradicionalmente atribuídos aos ordenamentos xurídicos: unidade, coherencia, plenitude e independencia. Problemas que xurden actualmente. Que é un sistema xurídico. 3. Dimensión activa e dimensión pasiva do sistema xurídico. 4. Estrutura do lado pasivo do sistema xurídico: normas primarias e normas secundarias, de Kelsen a Hart. 5. A identidade dos sistemas xurídicos e a pertenza das normas a un sistema. O sistema xurídico como sistema dinámico. 6. A validez das normas. 7. A validez no Dereito actual.
Tema 4. Nocións de teoría das fontes do Dereito e introdución ao sistema español de fontes. 1. Significados da expresión "fontes do Dereito". 2. Fontes formais e fontes materiais. 3. As fontes formais: aproximación teórica. 3.1. A lei. Lei formal e lei material. 3.2. O costume. Concepto. Lei e costume. Elementos do costume e problemas que presentan. 3.3. A xurisprudencia. Que é unha sentenza xudicial. Son normas as sentenzas? Xurisprudencia e precedente. Utilidade do estudo da xurisprudencia. A xurisprudencia como fonte do Dereito. 3.4. A doutrina. Estrutura do discurso ou texto doctrinal. A doutrina como fonte do Dereito. 4. A evolución histórica das fontes do Dereito. 5. O sistema de fontes do Dereito no Dereito español.
5.1. As "fontes das fontes": o título preliminar do Código civil e a Constitución de 1978. 6.2. A Constitución como norma xurídica e como fonte do Dereito. As sentenzas do Tribunal Constitucional. 5.3. A lei. Evolución histórica e crise actual. A lei como fonte do Dereito e o principio de legalidade. Normas con rango de lei. Os tratados internacionais. 5.4. As normas regulamentarias. 5.5. O costume. Historia e crise actual. Ámbitos onde conserva vixencia. Caracteres do costume no noso ordenamento xurídico. 5.6. Os principios xerais do Dereito. Historia. Os principios no noso ordenamento xurídico. Principios implícitos e principios explícitos. 5.7. A xurisprudencia. É a xurisprudencia fonte do Dereito no noso ordenamento? A creación xudicial do Dereito. Os precedentes: precedente obrigatorio e precedente persuasivo. Conclusión: o xuíz e o lexislador. 5.8. Outras fontes do Dereito: en particular, os instrumentos nos que se plasman os actos da autonomía da vontade.
Tema 5. O suxeito de Dereito 1. A orde xurídica, orde humana: a persoa. 2. O concepto xurídico de persoa e a súa evolución. 3. Elementos para unha crítica do concepto xurídico de persoa. 4. A extensión da personalidade xurídica: capacidade xurídica e capacidade de obrar. 5. Outros suxeitos de dereito: a persoa xurídica.
Tema 6. A relación xurídica
1. Concepto. 2. Presupostos. Alteridade. Igualdade. 3. Elementos: suxeitos, obxecto, vínculo, fundamento. 4. Relación xurídica e situación xurídica. 5. Situacións xurídicas activas e pasivas.
Tema 7. O deber xurídico 1. Aproximación a partir do uso lingüístico. "Ter o deber de" e "verse obrigado a". 2. Deber xurídico e deber moral. 3. Características do deber xurídico: posibilidade; exterioridade; licitude; equivalencia entre débito e prestación; irrenunciabilidade; esixibilidade; determinación ou determinabilidade; inexcusabilidade. 4. As garantías do deber xurídico. 5. Límites do deber xurídico.
Tema 8. O dereito subxectivo 1. Idea xeral. Aproximación desde o uso lingüístico e desde as clasificacións científicas máis estendidas. 2. Estrutura do dereito subxectivo: suxeito activo; suxeito(s) pasivo(s); obxecto; contido; fundamento; título. 3. Dimensión dinámica do dereito subxectivo. Condicións de exercicio. Extensión. Límites. 5. Recapitulación: o dereito subxectivo, construción abstracta. 6. Outras situacións de poder xurídico: as potestades.
Tema 9. Os feitos e as accións ante o Dereito 1. Actos e feitos. 1.1. Feitos e feitos xurídicos. 1.2. Os actos xurídicos. 1.2.1. Actos libres. A autonomía da vontade. 1.2.2. Actos debidos ou de cumprimento do Dereito. 2. A violación da orde xurídica. Acto ilícito, responsabilidade e sanción. 2.1. O acto ilícito. Concepto. Ilícitos típicos e ilícitos atípicos. 2.2. A responsabilidade. Concepto e clases. Elementos. 2.3. A sanción. Concepto e clases de sancións.
Tema 10. Aproximación á aplicación ou determinación do Dereito. 1. Os problemas da linguaxe do Dereito e a necesidade da interpretación. Noción e tipos. 2. Interpretación e aplicación. A aplicación do dereito e a resolución da controversia como actividade complexa: subsunción e decisión. 3. A xustificación das decisións xudiciais. A tarefa creativa dos xuíces.

Segunda parte. Cara a unha comprensión global: o Dereito como práctica social
__________________________________________________
Tema 11. O Dereito como instrumento para a vida social. 1. A orde social. 2. A orde social non é unha orde espontánea: funcións do Dereito en relación coa orde social. 3. Dereito, Estado e poder. 3.1. A comunidade política como creadora e conservadora da orde xurídica. 3.2. O Dereito como factor de organización, lexitimación e conservación da comunidade política.
Tema 12. O Dereito como conxunto de materiais vinculantes para a resolución de conflitos. 1. O Dereito non é só o sistema de normas que se deriva ou extrae do sistema de fontes. 2. A técnica xurídica. 3. O elemento ideal: os valores. Valores xurídicos. 4. A interrelación entre o elemento ideal, a técnica e os preceptos.
Tema 13. Fins do Dereito e valores xurídicos 1. A xustiza. 1.1. Aproximación á noción de xustiza. Xustiza material e xustiza formal. 1.2. Principais proxeccións da xustiza. 2. A seguridade. 2.1. A seguridade como condición e esixencia da vida humana. 2.2. A seguridade xurídica, cualidade do Dereito que introduce certeza e orde. 2.3. Principais proxeccións e limitacións da seguridade xurídica. 3. Relacións entre xustiza e seguridade.
Tema 14. As formas activas da vida xurídica. 1. A produción de normas: en particular, a lexislación. 2. O tráfico xurídico. 3. A adxudicación. 3. Relación entre as actividades anteriores e o Dereito como conxunto de materiais vinculantes.
Tema 15. En definitiva, que é o Dereito? O Dereito como práctica social.
1. A unificación dos sentidos de "Dereito".
2. Proposta dunha definición descriptiva do Dereito.
3. Carácteres do Dereito como práctica social: 3.1. Carácter institucional. 3.2. Normatividade. 3.3. Coactividade. 3.4. Pretensión de comprehensividade e pretensión de supremacía.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes