Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Teoría do Dereito
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio B6 B9 B4 B5 C1 C7 C8 As probas de ensaio/desenvolvo consistirán en preguntas abertas que poderán responderse en 2 horas. Nestas probas se evaluarán os contidos das leccións maxistrais, as lecturas e os esquemas. As preguntas estarán orientadas a medir os contidos asimilados polos estudantes, e o seu nivel de corrección e precisión no manexo dos conceptos xurídicos fundamentais 70
Seminario A8 A9 A10 A12 B7 B8 B2 B3 B4 Os seminarios versarán sobre as fontes documentales, lecturas e casos recomendados a través da plataforma tecnolóxica da Universidade. Como criterios de avaliación teranse en conta o nivel de comprensión daqueles, a capacidade de análise, a consistencia das argumentacións e a calidade das exposicións. Contarán negativamente a falta de asistencia e participación e a falta de rigor na preparación dos temas. A metodoloxía dos seminarios queda á discreción do profesor/a. Eventualmente, este/a esixirá unha versión escrita das intervencións dos alumnos/as. 30
 
Observacións avaliación
A
puntuación referida aos seminarios (3 puntos) só se sumará á nota final
se o estudante obtén como mínimo un aprobado (3.5 sobre un total de 7
puntos) na proba de ensaio/desenvolvemento. Deberá obterse a nota mínima de
aprobado tanto no exame parcial (opcional) como no exame final, así como nas sesións de seminario.

Os estudantes que, por causas xustificadas, non poidan participar nos
seminarios de grupo reducido deberán poñerse en contacto con o/a
profesor/a responsable da asignatura para definir o criterio de
avaliación neste concepto. A puntuación máxima será de 2 puntos.



Os estudantes que se presenten á proba de ensaio/desenvolvemento na segunda
convocatoria/opción (xullo) conservarán a nota obtida nos seminarios de
grupo reducido. Tamén se conservará a nota do exame parcial (opcional)
que fose aprobado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes