Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Teoría do Dereito
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio B6 B9 B4 B5 C1 C7 C8 As probas de ensaio/desenvolvo consistirán en preguntas abertas que poderán responderse en 2 horas. Nestas probas se evaluarán os contidos das leccións maxistrais, as lecturas e os esquemas. As preguntas estarán orientadas a medir os contidos asimilados polos estudantes, e o seu nivel de corrección e precisión no manexo dos conceptos xurídicos fundamentais. Si o profesor así o dispón, a proba obxectiva poderá consistir nunha proba de tipo test. 70
Seminario A8 A9 A10 A12 B7 B8 B2 B3 B4 Os seminarios versarán sobre as fontes documentales, lecturas e casos recomendados a través da plataforma tecnolóxica da Universidade. Como criterios de avaliación teranse en conta o nivel de comprensión daqueles, a capacidade de análise, a consistencia das argumentacións e a calidade das exposicións. Contarán negativamente a falta de asistencia e participación e a falta de rigor na preparación dos temas. A metodoloxía dos seminarios queda á discreción do profesor/a. Eventualmente, este/a esixirá unha versión escrita das intervencións dos alumnos/as. 30
 
Observacións avaliación
A
puntuación referida aos seminarios (3 puntos) só se sumará á nota final
se o estudante obtén como mínimo un aprobado (3.5 sobre un total de 7
puntos) na proba de ensaio/desenvolvemento. Deberá obterse a nota mínima de
aprobado tanto no exame parcial (opcional) como no exame final, así como nas sesións de seminario.

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia que non poidan participar nos grupos reducidos gozarán dunha avaliación distinta nesta parte (30% da materia) e deberán porse en contacto co profesor responsable da materia para a súa concreción. En todo caso, o contido da devandita avaliación terá que ver cos contidos dos grupos reducidos. A puntuación máxima será de 2 puntos.



Os estudantes que se presenten á proba de ensaio/desenvolvemento na segunda
convocatoria/opción (xullo) conservarán a nota obtida nos seminarios de
grupo reducido. Tamén se conservará a nota do exame parcial (opcional)
que fose aprobado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes