Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Teoría do Dereito
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fundamentos romanísticos da cultura xurídica occidental/612G01001
Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos/612G01003

Materias que continúan o temario
Filosofía do Dereito/612G01026
Teoría e práctica da argumentación xurídica/612G01041

Observacións
O desenvolvemento desta asignatura descansará basicamente sobre o traballo e a aprendizaxe persoal dos estudantes. Para que isto sexa posible: a) é preciso asistir as todas as sesións de docencia expositiva e realizar as tarefas e lecturas previstas para o desenvolvemento do curso. b) O profesor de cada grupo indicará con suficiente antelación, xa sexa persoalmente nas clases, xa a través da plataforma tecnolóxica da Universidade, que materiais deberán ser lidos, analizados ou estudados con antelación ás sesións maxistrais e/ou de seminario en grupos reducidos. O desenvolvemento normal do curso depende de que os estudantes leven a cabo estas tarefas previas. c) Recoméndase ler e traballar os textos, casos e materiais indicados para cada tema do programa antes da sesión en que serán empregados. Nalgunhas ocasións, o profesor poderá facilitar materiais que serán empregados para traballar nas sesións de grupos reducidos sen que sexa necesario ningún traballo previo por parte dos estudantes. d) Nas explicacións das clases maxistrais o profesor dará por suposto que se leu previamente o material indicado para o tema correspondente, de modo que só incidirá naqueles aspectos do tema non cubertos polas lecturas, ou naqueles que xulgue máis importantes ou de especial dificultade, dando paso ás preguntas e opinións de quen asistan á sesión. Durante as sesións maxistrais é imprescindible tomar notas ou apuntamentos e participar activamente, interrompendo se é preciso a exposición do profesor, para solicitar aclaracións, expor puntos de vista ou formular cuestións. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes