Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Organización constitucional do Estado
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día de clase, cada un dos profesores responsables dos diferentes grupos procederá a explicar aos seus alumnos/ as a estrutura da guía docente personalizada, así como as materias concretas obxecto de estudo, a distribución aproximada do cronograma e as fontes documentais máis útiles para seguir o curso académico.
Sesión maxistral As sesións maxistrais constituirán a base teórica que facilite os coñecementos esenciais ao alumno sobre a materia
Seminario Os seminarios son sesións de traballo cun perfil teórico-práctico especializadas nun tema concreto.
Estudo de casos Estudo de casos prácticos, análises de textos xurídicos ou de xurisprudencia que os docentes expoñan aos alumnos/ as. Esta actividade poderá ser presencial ou non presencial.
Análise de fontes documentais Estudar ou comentar documentos xurídicos, documentos doctrinales ou xurisprudencia do Tribunal Constitucional, Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, etc...
Discusión dirixida Esta actividade será realizada de modo presencial e consistirá na posta en común de opinións sobre unha materia, ou ben, na resolución común de problemas actuais que estean directamente relacionados co obxecto de estudo
Lecturas Lecturas en sesións presenciais ou non presenciais
Proba obxectiva Exame final e, no seu caso, exame parcial (se así o establece o profesor encargado dese grupo).
Durante a primeira semana lectiva do cuadrimestre, o profesor responsable do grupo tamén poñerá de manifesto os mecanismos concretos de avaliación que serán empregados durante o cuadrimestre.
Proba oral Posibilidade de proba final ou parcial oral (establecerase por cada profesor)
Traballos tutelados Os profesores das diferentes materias integradas no Módulo poderán suxerir o desenvolvemento de traballos individuais ou por grupos sobre un tema concreto.

Devanditos traballos poderán influír positivamente, no seu caso, na avaliación global do cuadrimestre.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes