Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Constitución e poder xudicial
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A10 A11 A13 A14 A15 B6 B9 B10 B13 C1 C3 Durante o curso iranse avaliando os traballos encomendados e que o estudantado debe presentar nas datas que se indicarán. A valoración dos traballos tutelados dependerá da calidade, interese, rigor e corrección dos mesmos, así como da participación activa nas clases.
No caso de detección de plaxio nos traballos entregados a cualificación dos mesmos será de 0 puntos.
35
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A7 A9 A10 B6 B8 B9 B2 C1 A proba obxectiva consisitrá nun exame tipo test, de resposta múltiple, onde se avaliarán os contidos expostos durante o curso. Esta proba poderá completarse con algunha pregunta de resposta curta se o profesor/a o considera. 65
 
Observacións avaliación

Para a superación da materia será requisito imprescindible aprobar a proba obxectiva. A nota resultante servirá para facer a media co resto das puntuacións. De non superarse a proba obxectiva, a nota final que figurará no expediente será a obtida nesta.

Para a segunda oportunidade, conservaranse as cualificacións dos traballos tutelados entregados durante o curso, que computarán para a cualificación xunto coa proba obxectiva, que terá as mesmas características que na primeira oportunidade.

A nota do alumnado a tempo parcial con dispensaacadémica de asistencia recoñecida calcularase únicamente sobre a puntuación da proba mixta, así como os traballos que especificamente se lles poida encomendar a este alumnado.

No caso de detección de plaxio ou realización dos traballos utilizando ferramentas de intelixencia artificial, suspenderase a materia na convocatoria ordinaria, cunha cualificación de suspenso (nota numérica 0).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes