Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Institucións e ordenamento xurídico-administrativo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A14 B6 B7 B8 B11 C1 C2 C3 C4 C8 Dos contidos expostos ao longo das sesións maxistrais e correspondentes a cada tema do programa, os estudantes atoparán actividades na Plataforma Moodle ou entregadas no desenvolvemento da sexión que complementarán as explicacións de clase e poderán ter un valor de ata un 10 % da cualificación da asignatura. 10
Estudo de casos A3 A4 A8 A12 A13 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 As actividades prácticas realizadas nas sesións de grupos reducidos deberán ser realizadas nos prazos e coas condicións que para cada caso se estableza. As actividades prácticas podrán ter un valor de ata un 10% do total de cualificación da asignatura 10
Proba mixta A7 A1 E requisito necesario aprobar esta proba para superar a asignatura, que ten un valor sobre o total de ata un 80%. Consistirá nunha proba escrita que poderá ser de preguntas abertas de desenvolvemento sobre os contidos da materia ou preguntas obxectivas ben tipo test, ben de respostas breves ou de completar contidos teóricos. Esta proba poderá complementarse coa realización dun caso práctico sobre os contidos do programa. 80
 
Observacións avaliación

Os profesores/as poderán axustar a planificación xeral ás peculiaridades dos diferentes grupos, reasignando as porcentaxes de cualificación das diversas metodoloxías (por exemplo, dando mais peso á puntuación obtida no estudo de casos). A eses efectos, na primeira semana de clase explicaranse as adaptacións e deixarase constancia delas nas plataformas que se utilicen (moodle, teams, OneNote, etc.). Igualmente, o profesorado responsable de cada grupo poderá establecer adaptacións específicas -consistentes en potenciar metodoloxías docentes non presenciais- no caso do estudantado que tivera concedida unha dispensa de asistencia a clase.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes