Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito Internacional Público
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Dereito Internacional Público Código 612G01019
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Sobrino Heredia, Jose Manuel
Correo electrónico
j.sobrino@udc.es
Profesorado
Maestro Cortizas, Ana María
Oanta Oanta, Gabriela Alexandra
Quindimil Lopez, Jorge Antonio
Sobrido Prieto, Marta
Sobrino Heredia, Jose Manuel
Correo electrónico
a.maestro@udc.es
gabriela.oanta@udc.es
jorge.quindimil@udc.es
marta.sobrido@udc.es
j.sobrino@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.es/moodle/course/view.php?id=41475&sesskey=9Zrftw1li
Descrición xeral Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do Ordenamento xurídico que está destinado a regular a sociedade/comunidade internacional, facilitando a comprensión entre o alumnado dos problemas básicos que rodean aquel. Desde unha perspectiva xurídico-formal, o Dereito internacional preséntaselle ao alumnado na súa dimensión positiva, ofrecendo o maior número posible de referencias á normativa en vigor. Esta perspectiva complétase cunha aproximación histórico-sociolóxica, expoñendo ao alumnado as realidades subxacentes ás normas e o medio concreto en que estas están chamadas a rexer, posto que para un ensino eficaz da materia é fundamental unha exposición dos acontecementos históricos e dos acontecementos sociolóxicos. Así mesmo, ambos os enfoques acompáñanse dunha aproximación axiolóxica ao dereito internacional, coa finalidade de procurar unha constante valoración da norma co ideal de Xustiza. Desde logo, a dimensión finalista da actividade docente conduce a que o ensino non se reduza a unha descrición do ordenamento xurídico internacional, senón que debe facerse reflexionar o alumno sobre o conxunto de valores que inspiran e aos que aspira este ordenamento. Desta forma, ao ensinar e difundir o Dereito internacional preténdese contribuír, en boa medida, a facer progresar a Sociedade internacional e os suxeitos que a compoñen na vía da paz. Tendo en conta o contido esencial desta disciplina científica, a súa docencia exponse desde unha visión realista, pero co firme propósito de facer partícipe o alumnado dos valores que inspiran o ordenamento xurídico internacional, apuntando, cando sexa posible, suxestións para a mellora das normas que o integran e insistindo, sobre todo, no seu cumprimento. Neste contexto sitúase unha das funcións máis importantes da docencia do Dereito internacional público: demostrarlle ao estudantado, e convencelo, de que esta é unha disciplina cada vez máis relevante na formación de todo xurista e que tomen conciencia da perspectiva internacional, que lles confire o coñecemento do Ordenamento xurídico internacional, como un elemento imprescindible do mundo interdependente. A función docente universitaria, en que se combina unha función informativa e outra formativa, debe servir para formar xuristas que poidan atopar saídas profesionais vinculadas cos seus estudos pero, sobre todo, tamén debe servir para formar e potenciar as capacidades intelectuais dos estudantes para que poidan e saiban afrontar de forma crítica os valores e as actitudes sociais que se desenvolven nas sociedades nacionais e internacional de que eles forman parte.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes