Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito da Unión Europea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B6 B10 B13 B1 B2 B5 C2 C3 C4 C5 C6 30
Proba obxectiva A1 A3 A5 A6 B6 B10 B1 B2 B5 C4 C5 C6 70
 
Observacións avaliación
ORGANIZACIÓN DA MATERIA – ÁREAS DE COÑECEMENTO A impartición e avaliación da materia é responsabilidade de 3 Áreas de coñecemento: Área de Dereito internacional público e Relacións internacionais Temas: 1-2 e 5-13 Profesorado: Dobre Grao Dereito ADE: Prof. José Manuel Sobrino ( j.sobrino@udc.es) Grao Dereito Profa. Marta Sobrido (marta.sobrido@udc.es) Área de Dereito constitucional Temas: 3-4. Profesorado: Dobre Grao Dereito ADE: Prof. Santiago Roura (santiago.roura.gomez@udc.es) Grao Dereito Grupo Mañá Profa. Sonia García (sonia.garcia.vazquez@udc.es) Grao Dereito Grupo Tarde Profa. Ana Aba (amacdc@udc.es) Área de Dereito procesual Tema 14. Profesorado: Dobre Grao Dereito ADE e Grao Dereito: Prof. Antonio Roma (antonioromavaldes@gmail.com) CÁLCULO DA NOTA FINAL DA MATERIA: Cada unha das Áreas de coñecemento que participan na materia ten un peso, na avaliación final, proporcional á súa carga docente: Dereito internacional público: 78 % da nota final Dereito constitucional: 15% da nota final Dereito procesual: 7% da nota final
CÁLCULO DA NOTA DE CADA ÁREA DE COÑECEMENTO: Cada unha das Áreas de coñecemento, á hora de determinar a súa nota, farao do modo seguinte: Área de Dereito internacional público (DIP) É necesario aprobar o exame final para que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. É dicir, • Alumnos que obteñan unha cualificación numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final da parte de DIP: só se lles terá en conta o exame final de DIP a efectos do cálculo da nota de DIP. • Alumnos que obteñan unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final da parte de DIP, calcularáselles a nota da parte de DIP do seguinte modo: 30% da nota mediante avaliación de actividades de seminario (en clase, entregas de traballos …) 70% restante mediante o exame final. • Alumnos que non se presenten ao exame final de DIP: serán considerados como NP (non presentados) polo que se refire á parte de DIP. Área de Dereito constitucional Preguntar ao Profesor Área de Dereito procesual Preguntar ao Profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes