Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito da Unión Europea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B6 B10 B13 B1 B2 B5 C2 C3 C4 C5 C6 Avaliación da actividade práctica. Dependendo da titulación, representará o 30%, o 40% ou o 60% da nota final. 40
Proba obxectiva A1 A3 A5 A6 B6 B10 B1 B2 B5 C4 C5 C6 Exame do contido da materia. Dependendo da titulación, representará o 60%, o 40% ou o 30% da nota final. 60
 
Observacións avaliación
ORGANIZACIÓN DA MATERIA: ÁREAS DE COÑECEMENTO. A impartición e avaliación da materia é responsabilidade de 3 Áreas de coñecemento:
1) Área de Dereito internacional público. Temas: 1-2 e 5-13. Profesorado: en Dobre Grao Dereito-ADE, Prof. José Manuel Sobrino Heredia (j.sobrino@udc.es) e Profa. Gabriela A. Oanta (gabriela.oanta@udc.es); en Grao en Dereito, Prof. Jorge Antonio Quindimil López (jorge@udc.es) e Prof. Artak Mkrtichyan (artak@udc.es); en Grao bilingüe, Profa. Gabriela A. Oanta (gabriela.oanta@udc.es).
2) Área de Dereito constitucional. Temas: 3-4. Profesorado: en Dobre Grao Dereito-ADE, Prof. Javier Ruipérez e Alamillo(javier.ruiperez@udc.es); en Grao en Dereito, Prof. Javier Ruipérez e Alamillo(javier.ruiperez@udc.es) e Prof. Francisco Caamaño Domínguez (f.caamano@udc.es); en Grao bilingüe, Profa. Ana Aba Catoira (ana.abac@udc.es).
3) Área de Dereito procesual: Tema 14. Profesorado: en Dobre Grao Dereito-ADE, Prof. David Soto (david.sdiaz@udc.es); en Grao en Dereito, Profa. Ana María Neira (ana.neira@udc.es) e Prof. Luís Anguita (luis.anguita.juega@udc.es); en Grao bilingüe, Profa. Ana María Neira (ana.neira@udc.es).

CÁLCULO DA NOTA FINAL DA MATERIA: Cada unha das Áreas de coñecemento que participa na materia ten un peso na avaliación final, proporcional á súa carga docente: Dereito internacional público: 78 % da nota final; Dereito constitucional: 15% da nota final; Dereito procesual: 7% da nota final.

DOBRE GRAO DEREITO-ADE: En relación coa parte relativa ao Dereito internacional público, para superar a materia deberá alcanzarse un 5 sobre 10 no exame, que será final e oral, e suporá un 60% da nota final. Para que se poida sumar a nota das actividades prácticas, que suporá o 40% da nota final, deberá alcanzarse un 5 sobre 10 no exame final. Se non se alcanza unha nota mínima de 5 sobre 10 nas actividades prácticas, non se poderá sumar a cualificación do exame final. Aqueles alumnos que non se presenten ao exame final de DIP, serán considerados como NP polo que se refire á parte de DIP. Calquera intento de fraude ou plaxio en calquera actividade que se desenvolva durante o curso ou no exame final será penalizada cun suspenso automático na materia (0).
No caso da parte de Dereito constitucional, é necesario aprobar o exame final para que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. Ademais, os alumnos que obteñan unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos e 70% restante mediante o exame final; e os alumnos que obteñan unha cualificación numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que se lles poida ter en conta a nota das prácticas.
Polo que se refire á parte de Dereito procesual, o exame final será tipo test (10 preguntas) e representará o 40% da nota final, e o 60% restante será representado por un breve traballo tutelado.

GRAO EN DEREITO: A docencia da parte da materia correspondente a Dereito Internacional Público desenvolverase co apoio das ferramentas postas a disposición pola propia Universidade, así como outras que se consideren adecuadas para adquirir as competencias da materia. En particular, farase un uso regular de Moodle, Teams, Forms e Stream, entre outras. A nota final da materia corresponderase nun 60% co exame final e nun 40% coas actividades dirixidas. Se non se alcanza unha nota mínima de 5 sobre 10 no exame, non se poderá sumar a cualificación das actividades dirixidas. Se non se alcanza unha nota mínima de 5 sobre 10 nas actividades dirixidas, non se poderá sumar a cualificación do exame. En ambos os casos, por tanto, suspenderase a materia. O exame final será combinado entre preguntas multi-opción e de resposta curta a través dalgunha plataforma virtual (Moodle, Forms, etc.) que se realizará presencialmente en clase. O tempo estimado para responder será de 30 segundos por pregunta nas multi-opción e de 60 segundos por pregunta nas de resposta curta. Haberá dous tipos de actividades dirixidas: 1. Sen cualificación autónoma, porque se utilizarán para explicar contidos do exame final; 2. Con cualificación autónoma, que contabilizarán no 40% da nota final. Ambos os tipos de actividades serán aplicables tanto á primeira como á segunda oportunidade. Calquera intento de fraude ou plaxio en calquera actividade que se desenvolva durante o curso ou no exame final será penalizada cun suspenso automático na materia (0). Non se permitirá ningún cambio de quenda nin de grupo reducido que non fose autorizado previamente polo Centro. A participación nunha quenda ou nun grupo reducido que non fose autorizado determinará o suspenso automático na materia (0).
No caso da parte de Dereito constitucional, é necesario que se aprobe o exame final para que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. Deste xeito, os alumnos que obteñan unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final que será escrito, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos %ou2026), e 70% restante mediante o exame final; e os alumnos que obteñan unha cualificación numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que se lles poida ter en conta a nota das prácticas.
Respecto da parte de Dereito procesual, o exame final consistirá nun cuestionario e tomarase en conta a participación na clase interactiva.

DOCENCIA EN INGLÉS / BILINGUAL DEGREE: En relación coa parte de Dereito internacional público, o exame final da materia será escrito e suporá o 40% da nota final, e as actividades prácticas puntuarán o 60% restante. Calquera intento de fraude ou plaxio en calquera actividade que se desenvolva durante o curso ou no exame final será penalizada cun suspenso automático na materia (0). Respecto da parte de Dereito procesual, o exame final consistirá nun cuestionario e tomarase en conta a participación na clase interactiva..
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes