Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito da Unión Europea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B6 B10 B13 B1 B2 B5 C2 C3 C4 C5 C6 Avaliación da actividade práctica. Dependendo da titulación (Dobre grao Dereito+ADE / Grao en Dereito en castelán / Grao en Dereito bilingüe), representará unha porcentaxe diferente da nota final da asignatura. Véanse "Observacións avaliación". 40
Proba obxectiva A1 A3 A5 A6 B6 B10 B1 B2 B5 C4 C5 C6 Exame do contido da materia. Dependendo da titulación (Dobre grao Dereito+ADE / Grao en Dereito en castelán / Grao en Dereito bilingüe), representará unha porcentaxe diferente da nota final de asignatura. Véanse "Observacións avaliación". 60
 
Observacións avaliación

ORGANIZACIÓN DA MATERIA SEGÚN ÁREAS DE COÑECEMENTO

 A impartición e avaliación da materia é
responsabilidade de 2 Áreas de coñecemento: Área de Dereito internacional
público (DIP), Leccións 1-2 e 5-13; e Área de Dereito constitucional (DC),
Leccións 3-4 e 14.

PROFESORADO

Dobre Grao Dereito + ADE

Área DIP: Profa. Marta Sobrido
(marta.sobrido@udc.es)

Área DC: Profa. Sonia García
(sonia.garcia.vazquez@udc.es) 

Grao Dereito—Quenda de mañá

Área DIP: Prof. Jorge A. Quindimil
(jorge.quindimil@udc.es)

Área DC: Profa. Sonia García
(sonia.garcia.vazquez@udc.es) 

Grao Dereito—Quenda de Tarde

Área DIP: Profa. Marta Sobrido
(marta.sobrido@udc.es)

Área DC: Profa. Sonia García (sonia.garcia.vazquez@udc.es) 

 Grao
bilingüe

Área DIP: Profa. Gabriela A. Oanta
(gabriela.oanta@udc.es) e Prof. Artak Mkrtichyan (artak@udc.es).  

Área DC:

CÁLCULO DA NOTA FINAL DA MATERIA

  Cada unha das Áreas de coñecemento que participa
na materia ten un peso na avaliación final, proporcional á súa carga docente:

  • Dereito internacional público: 75
    %
    da nota final;
  • Dereito constitucional: 25 %
    da nota final;

PLAXIO OU COPIA

 Calquera intento de plaxio ou copia, tanto nas
actividades prácticas como no exame, suporá un suspenso automático nada
materia con un 0.

AVALIACIÓN: NO DOBRE GRAO DEREITO+ADE; E NO GRAO EN
DEREITO

  • En relación coa parte de Dereito
    internacional público (DIP)
    teranse en conta o exame final e as actividades
    prácticas realizadas ao longo do curso. EXAME
    FINAL
    . O exame representará o 80% da nota da parte DIP. O exame será escrito. Se no exame non se
    consegue un 5 sobre 10, a nota das actividades prácticas non se engadirá á nota
    final da parte DIP. ACTIVIDADES
    PRÁCTICAS
    . As actividades prácticas representarán o 20% da nota DIP;
    pero só se terán en conta no cálculo da nota DIP se se acadou un 5 sobre 10 no
    exame final DIP. O alumnado que non se presente ao exame final DIP
    considerarase non presentado no que se refire á parte DIP. Ao comezo do curso,
    informarase ao alumnado sobre a organización das actividades prácticas. Non se
    permitirá a defensa e/ou entrega de actividades prácticas fóra dos prazos
    establecidos. ALUMNADO CON DISPENSA
    ACADÉMICA DE ASISTENCIA A CLASE
    . O alumnado a tempo parcial ao que, previa solicitude
    ao Decanato, se lle conceda dispensa académica para asistir ás clases (pódese
    consultar a normativa que regula o réxime de estudos a tempo parcial), pode
    escoller entre dúas opcións: 1) que o exame final represente o 100% da nota
    DIP; 2) que o exame final represente o 80% da nota DIP, e o 20% restante a
    través de actividades prácticas que o alumnado defenderá oralmente ao longo do
    curso (presencial ou por Teams; modalidade e datas fixadas polo profesorado
    segundo ás circunstancias do caso). O alumnado poderá escoller un dentro do
    prazo fixado polo profesorado a este efecto. O/a estudante que non opte pola
    segunda opción no prazo fixado polo profesorado, entenderase que opta pola
    primeira opción. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A modalidade de exame será a mesma nas dúas oportunidades.
    Como regra xeral, non se permite a recuperación das actividades prácticas na
    2ª oportunidade. A
    2ª oportunidade é para a realización do exame ou exames non superados
    na 1ª oportunidade. Por exemplo: un alumno/a que na 1ª oportunidade
    suspenda a materia tendo aprobada a parte de DC pero non a parte de DIP,
    na 2ª oportunidade solo poderá presentarse á parte de DIP; respecto da
    parte de DC, terase en conta a cualificación que obtivo na 1ª
    oportunidade.
  • En relación coa parte de Dereito
    constitucional (DC)
    teranse en conta o exame final e as actividades
    prácticas realizadas ao longo do curso. EXAME
    FINAL E ACTIVIDADES PRÁCTICAS.
    É necesario que se aprobe o exame final para
    que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. Os alumnos que obteñan
    unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final que será
    escrito, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante
    avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos, …), e 70%
    restante mediante o exame final. Os alumnos que obteñan unha cualificación
    numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que
    se lles poida ter en conta a nota das prácticas.  ALUMNADO
    CON DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA A CLASE.
    Os estudantes con dedicación
    ou dispensa a tempo parcial, é dicir, que solicitaran e lles fose concedida
    polo Decano da Facultade de Dereito a exención de asistencia ás aulas
    presenciais (pódese consultar a normativa que regula o réxime de estudos a
    tempo parcial), poderán ser avaliados mediante unha proba obxectiva que
    representará o 100% da nota final da materia, sen necesidade de que entreguen
    as prácticas ou actividades interactivas. Non obstante, se o alumno desexa
    optar polo sistema de avaliación continua, deberá facelo constar por escrito ao
    profesor e obter a súa aprobación tamén por escrito. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A modalidade de exame será a mesma nas dúas oportunidades.
    Como regra xeral, non se permite a recuperación das actividades prácticas na
    segunda oportunidade. A
    2ª oportunidade é para a realización do exame ou exames non superados
    na 1ª oportunidade. Por exemplo: un alumno/a que na 1ª oportunidade
    suspenda a materia tendo aprobada a parte de DC pero non a parte de DIP,
    na 2ª oportunidade sólo poderá presentarse á parte de DIP; respecto da
    parte de DC, terase en conta a calificación que obtivo na 1ª
    oportunidade.

 EVALUACIÓN NO GRAO BILINGÜE

  •  En relación coa parte de Dereito
    internacional público (DIP)
    , o exame final da materia será escrito e suporá
    o 50% da nota final, e as actividades prácticas puntuarán o 50% restante. Polo
    que se refire á segunda oportunidade de exames, o sistema de avaliación será
    similar ao da primeira oportunidade. Para o alumnado con recoñecemento de
    dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a
    avaliación consistirá nun exame final sobre os contidos da materia cuxa
    cualificación máxima será de 10 puntos sobre 10.
  • En relación coa parte de Dereito
    constitucional (DC)
    teranse en conta o exame final e as actividades
    prácticas realizadas ao longo do curso. EXAME
    FINAL E ACTIVIDADES PRÁCTICAS.
    É necesario que se aprobe o exame final para
    que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. Os alumnos que obteñan
    unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final que será
    escrito, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante
    avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos, …), e 70%
    restante mediante o exame final. Os alumnos que obteñan unha cualificación
    numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que
    se lles poida ter en conta a nota das prácticas.  ALUMNADO
    CON DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA A CLASE.
    Os estudantes con dedicación
    ou dispensa a tempo parcial, é dicir, que solicitaran e lles fose concedida
    polo Decano da Facultade de Dereito a exención de asistencia ás aulas
    presenciais (pódese consultar a normativa que regula o réxime de estudos a
    tempo parcial), poderán ser avaliados mediante unha proba obxectiva que
    representará o 100% da nota final da materia, sen necesidade de que entreguen
    as prácticas ou actividades interactivas. Non obstante, se o alumno desexa
    optar polo sistema de avaliación continua, deberá facelo constar por escrito ao
    profesor e obter a súa aprobación tamén por escrito. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A modalidade de exame será a mesma nas dúas oportunidades.
    Como regra xeral, non se permite a recuperación das actividades prácticas na
    segunda oportunidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes