Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito da Contratación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A4 A8 A9 A10 A11 A14 B8 B9 B10 B2 B3 B5 C3 Resolución de supostos practicos en aplicación dos coñecementos adquiridos. 30
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A7 B6 B7 B11 C4 Proba tipo test que levará a cabo o alumno como unha das formas de evaluación global dos coñecementos adquiridos. 70
 
Observacións avaliación
A nota final na matería obteráse da realización dun exame (70% da nota final) e da realización das actividades no marco da avaliación continua (30%).

O exame será tipo test e terá 50 preguntas (25 preguntas de Dº administrativo; 20 preguntas de Dº civil; e 5 preguntas de Dº mercantil). Cada pregunta terá catro respostas; unha soa será a resposta correcta. As preguntas correctas suman 0,2 pts. e as preguntas incorrectas restan 0,05 pts.

A nota da avaliación continua (3 ptos.) repartirase entre as áreas de coñecemento do seguinte xeito: Dº Administrativo 1,5 pts; Dº Civil 1 pto; e Dº Mercantil 0,5 pts.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente.

Avaliación do “alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”: o estudantado nesta situación porase en contacto co profesor/es por correo electrónico para ir entregando ou realizando as prácticas da asignatura por medios compatibles coa súa situación (correo electrónico ou Teams). Estas prácticas terán un valor do 30% da nota, e o exame final dun 70%. O mesmo sistema seguirase para a segunda oportunidade.




Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes