Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito Penal. Parte especial
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B10 C2 C6 Intervención activa en debates na clase 3
Eventos científicos e/ou divulgativos A6 Participación activa en eventos científicos organizados. 3
Actividades iniciais A5 Participación en xuizos simulados. 3
Aprendizaxe colaborativa A8 A10 A14 B11 B12 B2 B5 C4 C7 Realización de traballos en equipo 3
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 B3 C3 Análise de xurisprudencia. 15
Lecturas B9 C1 Presentación de trabajo sobre alguna de las obras propuests como lectura. 3
Proba obxectiva A11 A12 B6 Esame teórico ou teórico-práctico 70
 
Observacións avaliación

 Ao longo de curso avaliaranse os coñecementos prácticos e teóricos do alumno. Para iso establécese o seguinte sistema de avaliación. As probas oficiais de maio e xullo terán un valor máximo de 7 puntos sobre 10 en ambos os dous casos. As probas oficiais realizaranse na data estipulada no calendario de exames aprobado por Xunta de Facultade. Poderán realizarse examéns parciais ao longo do curso, cuxa nota se ponderará coa dos exames finais de maio e xuño. As distintas actividades que se realicen ao longo do curso, antes das probas de maio e xullo, terán un valor de ata 3 puntos. O alumno superará a materia en 1ª oportunidade cando sumadas as notas sobre 3 (das actividades realizadas ao longo do curso) e a obtida na proba de maio se alcance o mínimo de 5 puntos sobre 10 sempre que se alcanzase polo menos  3,5 puntos sobre 7 no exame oficial. De non superar a materia en 1ª oportunidade, a nota alcanzada nas actividades realizadas ao longo do curso resérvanse para a súa suma á nota que se obteña na proba de mes de xullo. O alumno superará, polo tanto, a materia en 2ª oportunidade cando sumadas as notas sobre 3 (das actividades realizadas ao longo do curso) e a obtida na proba de xullo se alcance o mínimo de 5 puntos sobre 10, sempre que se alcanzase polo menos 3,5 puntos sobre 7 no exame oficial. As notas alcanzadas coas actividades que se realicen ao longo do curso só serán tidas en conta se o alumno se presenta ás probas oficiais de maio ou xullo. Só así procederase á súa suma para os efectos de cualificación. Tanto as probas de maio e xullo coma as actividades que se realicen ao longo do curso poderán adoptar formas diversas, isto é, actividades tipo test, pregunta curta, pregunta longa, etc.

O alumnado matriculado a tempo parcial con dispensa será avaliado do mesmo xeito que o alumnado matriculado a tempo completo.

Advírtese que a calificación atribuida ás distintas metodoloxías nas outras actividades realizadas durante o cuatrimestre distintas da proba obxectiva debe entenderse en sentido meramente orientativo, de forma que se durante o curso non se utiliza unha delas, a puntuación correspondente acrecerá ás que si se usaron. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes