Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Filosofía do Dereito
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A2 A3 A5 A6 A8 A10 B8 B9 B2 B3 C1 C6 La prueba de ensayo se empleará para evaluar el aprendizaje de los contenidos de las clases magistrales y de las lecturas 70
Seminario A3 A4 A5 A8 A10 A11 A12 A14 B8 B11 B2 B3 B5 C1 C4 C8 La evaluación de la participación en las sesiones de grupo reducido tendrá en cuenta la fluidez expositiva, la habilidad argumentativa y la capacidad de análisis y evaluación crítica. También se tomará en consideración el dominio de los contenidos temáticos y la capacidad de responder a las objeciones o preguntas planteadas.
El principal criterio de evaluación será la calidad de las intervenciones, aunque también se tendrá en cuenta la frecuencia de las intervenciones.
30
 
Observacións avaliación

Para aprobar
a materia cómpre obter na cualificación referida aos seminarios (grupos
reducidos) un mínimo de 1,5 puntos sobre o total de 3 puntos.

 

Tal
puntuación referida aos seminarios (3 puntos) só se sumará á cualificación
final se o estudante obtén como mínimo un aprobado (3.5 sobre un total de 7
puntos) na proba de ensaio/desenvolvemento.

 

O estudante
deberá obter a cualificación mínima de aprobado tanto no exame parcial
(opcional) como no exame final.

 

Para o
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia que non poida participar nos grupos reducidos, a avaliación
das competencias correspondentes aos seminarios-grupos reducidos (30% da
cualificación da materia) será substituída por un traballo escrito sobre a
materia obxecto de dita metodoloxía e polas respostas ás preguntas orais do
profesorado. Esta avaliación alternativa será realizada o día do exame, ao remate do prazo concedido para o exame.

 

A esta
modalidade de avaliación alternativa á participación nas sesións de grupo
reducido poderá acollerse tamén o alumnado que por causas xustificadas non
poida asistir as sesións de grupo reducido. Para analizar estas solicitudes e
tomar unha decisión os estudantes deberán comunicar a súa situación aos
profesores na primeira semana lectiva do cuadrimestre.

 

Os
estudantes que se presenten á proba de ensaio na segunda convocatoria (xullo)
conservarán a cualificación obtida no exame/proba de ensaio parcial (opcional) e nos
seminarios de grupo reducido.

 

Os estudantes que
suspendan a materia na primeira convocatoria (maio-xuño) e non alcancen o
aprobado (1.5) na avaliación de grupo reducido correspondente á primeira
convocatoria poderán acollerse á avaliación alternativa dos grupos reducidos na
segunda convocatoria (xullo).

 

Na
avaliación terase en conta a corrección na expresión tanto oral como escrita.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes