Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Filosofía do Dereito
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A2 A3 A5 A6 A8 A10 B8 B9 B2 B3 C1 C6 A proba de ensaio empregarase para avaliar a aprendizaxe dos contidos das clases maxistrais e das lecturas. 70
Seminario A3 A4 A5 A8 A10 A11 A12 A14 B8 B11 B2 B3 B5 C1 C4 C8 A avaliación da participación nas sesións de grupo reducido terá en conta a fluidez expositiva, a habilidade argumentativa e a capacidade de análise e avaliación crítica. Tamén se tomará en consideración o dominio dos contidos temáticos e a capacidade de responder as obxeccións ou preguntas expostas.
O principal criterio de avaliación será a calidade das intervencións, aínda que tamén se terá en conta a frecuencia das intervencións.
30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia cómpre obter na cualificación referida aos
seminarios (grupos reducidos) un mínimo de 1,5 puntos sobre o total de 3
puntos.

 

Tal puntuación referida aos seminarios (3 puntos) só se sumará á
cualificación final se o estudante obtén como mínimo un aprobado (3.5 sobre un
total de 7 puntos) na proba de ensaio/desenvolvemento.

 

O estudante deberá obter a cualificación mínima de aprobado tanto
no exame parcial (opcional) como no exame final.

 

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia que non poida participar nos
grupos reducidos, a avaliación das competencias correspondentes aos
seminarios-grupos reducidos (30% da cualificación da materia) será substituída
por un traballo escrito sobre a materia obxecto de dita metodoloxía e polas
respostas ás preguntas orais do profesorado. Esta avaliación alternativa será
realizada o día do exame, ao remate do prazo concedido para o exame.

 

A esta modalidade de avaliación alternativa á participación nas
sesións de grupo reducido poderá acollerse tamén o alumnado que por causas
xustificadas non poida asistir as sesións de grupo reducido. Para analizar
estas solicitudes e tomar unha decisión os estudantes deberán comunicar a súa
situación aos profesores na primeira semana lectiva do cuadrimestre.

 

Os estudantes que se presenten á proba de ensaio na segunda
convocatoria (xullo) conservarán a cualificación obtida no exame/proba de
ensaio parcial (opcional) e nos seminarios de grupo reducido.

 

Os estudantes que suspendan a materia na primeira convocatoria
(maio-xuño) e non alcancen o aprobado (1.5) na avaliación de grupo reducido
correspondente á primeira convocatoria poderán acollerse á avaliación
alternativa dos grupos reducidos na segunda convocatoria (xullo).

 

Na avaliación terase en conta a corrección na
expresión tanto oral como escrita.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes